Tenorio, Cerdedo-Cotobade

parroquia civil do concello de Cerdedo-Cotobade

San Pedro de Tenorio é unha parroquia do concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. É a parroquia con maior poboación do concello. Segundo o IGE[2] en 2015 tiña 1168 habitantes (579 homes e 589 mulleres), distribuídos en 13 entidades de poboación, o que supón un aumento de 13 persoas en comparación co ano 2006.

Tenorio
ConcelloCerdedo-Cotobade[1]
ProvinciaPontevedra
Coordenadas42°28′00″N 8°33′01″O / 42.46663262, -8.55023799Coordenadas: 42°28′00″N 8°33′01″O / 42.46663262, -8.55023799
Área13,1 km²
Poboación1098 hab. (2019)
Densidade83,82 hab./km²
Entidades de poboación15[1]
editar datos en Wikidata ]
Entrada na aldea de Cachadiñas desde un tramo vello da estrada N-541.

Limita ao norte con Fragas (Campo Lameiro) e Viascón, ao sur con Almofrei e Borela, ao leste con Viascón, Rebordelo e Borela, e ao oeste con Xeve e Bora. Está atravesada polo río Tenorio, afluente do río Lérez, que serve de fronteira co concello de Pontevedra.

Pola parroquia discorre a estrada N-541.

Patrimonio editar

No lugar de Parada está o Coto das Rodelas, os restos dun poboado castrexo da idade de ferro.

Na parroquia está o mosteiro de San Pedro de Tenorio, e preto del atopábase o castelo de Tenorio, derrubado na Gran Guerra Irmandiña. Neste castelo naceu o nobre medieval Alonso Jofre Tenorio, fillo de Diego Alonso Tenorio, que participou xunto ao rei Afonso X o Sabio en varias campañas militares.

Represión en Tenorio editar

Tralo Golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, leváronse a cabo varias accións represivas na parroquia, ben contra habitantes da mesma, ben contra persoas doutros lugares. O 9 de novembro dese ano foron asasinados 6 dirixentes das sociedades obreiras de Lalín: Luís Frade Pazos, José López Bermúdez, Ramiro Granja González, Luís Varela Sobrado, José Montouto Rodríguez e Eliseo Garra Lalín;[3] catro republicanos de Arbo, Alfonso Alonso Portugués, Juan Alonso Pérez, José Gómez Sampayo e Telmo Rodríguez Alonso; e Antonio Picallo Buela, da Estrada.

Cultura editar

A Unión Musical de Tenorio ten a súa orixe na Banda de Música Xuvenil 85, formada en 1985 por José Bugallo Diz. Logo de desavenzas a Banda dividiuse, nacendo a Banda de Música Lírica de Tenorio. As dúas agrupacións reunificáronse en 1999, contando actualmente con máis de 40 membros de entre 10 e 35 anos. En 2002 acadou o 3º posto no II certame de bandas da Deputación de Pontevedra.

Once dos membros da Unión Musical forman parte ao tempo da charanga Charandonga de Tenorio, formada en 2007 e cun repertorio máis festivo e actual.

Galería de imaxes editar

Notas editar

Lugares e parroquias editar

Lugares de Tenorio editar

Lugares da parroquia de Tenorio no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade

Barro | A Cal | Calvelo | O Castro | Covas | A Esquipa | A Laxe | Lérez | O Outeiral | Parada | Rascadería | O Río Tenorio | A Torre Vella | Tralasmós | Vilanova | Zamar

Parroquias de Cerdedo-Cotobade editar

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Cerdedo-Cotobade

Aguasantas (Santa María) | Almofrei (San Lourenzo) | Borela (San Martiño) | Carballedo (San Miguel) | Caroi (Santiago) | Castro (Santa Baia) | Cerdedo (San Xoán) | Corredoira (San Gregorio) | Figueiroa (San Martiño) | Folgoso (Santa María) | Loureiro (Santiago) | Parada (San Pedro) | Pedre (Santo Estevo) | Quireza (San Tomé) | Rebordelo (San Martiño) | Sacos (Santa María) | San Xurxo de Sacos (San Xurxo) | Tenorio (San Pedro) | Tomonde (Santa María) | Valongo (Santo André) | Viascón (Santiago)

Véxase tamén editar

Outros artigos editar