Tennessee Titans

equipo profesional estadounidense de fútbol americano

Os Tennessee Titans son un equipo profesional estadounidense de fútbol americano con sede na cidade de Nashville, Tennessee. O equipo compite na National Football League (NFL) como membro da División Sur da American Football Conference. Anteriormente coñecidos como Houston Oilers, a franquía comezou a xogar en 1960 en Houston, Texas, como un dos membros fundadores da American Football League (AFL). Os Oilers gañaron as dúas primeiras edicións da AFL, uníndose á NFL como parte do acordo de fusión entre a AFL e a NFL en 1970.

Tennessee Titans
Fundado en 1960
Sede en Nashville, TN
Wordmark dos Tennessee Titans
Wordmark dos Tennessee Titans
Wordmark
Afiliacións de Liga/Conferencia

American Football League

  • Eastern Division (1960–1969)

National Football League (1970–presente)

Uniforme actual
CoresAzul, vermello, prata                    
MascotaT-Rac
Cadro de persoal
Propietario(s)KSA Industries
CEOSteve Underwood
PresidenteSteve Underwood
Director xeralJon Robinson
AdestradorMike Vrabel
Historia
  • Houston Oilers (1960–1996)
  • Tennessee Oilers (1997–1998)
  • Tennessee Titans (1999–presente)
Campionatos
Títulos de Liga (2)
Conferencia (1)
  • AFC: 1999
División (9)
  • AFL Leste: 1960, 1961, 1962, 1967
  • AFC Central: 1991, 1993, 2000
  • AFC Sur: 2002, 2008
Estadios
En Houston
  • Jeppesen Stadium (1960–1964)
  • Rice Stadium (1965–1967)
  • Houston Astrodome (1968–1996)

En Memphis

  • Liberty Bowl Memorial Stadium (1997)

En Nashville

O equipo mudouse desde Houston até Tennessee en 1997, xogando a súa primeira tempada no Liberty Bowl Memorial Stadium de Memphis. Ao ano seguinte movéronse a Nashville, onde xogaron no Vanderbilt Stadium. Durante eses dous primeiros anos o equipo foi coñecido como os "Tennessee Oilers", adquirindo o seu actual nome de "Titans" en 1999. Actualmente, o equipo xoga os seus partidos como local no Nissan Stadium de Nashville, recinto con capacidade para 69.143 espectadores, que abriu as súas portas co nome de Adelphia Coliseum. Por outra banda, as instalacións de adestramento da franquía están en Saint Thomas Sports Park, un complexo de 0'13 km² situado a propia Nashville.[1]

Historia editar

Fundación editar

Os Houston Oilers foron un dos equipos que fundaron en 1960 a American Football League (AFL) xunto, entre outros, os Dallas Texans, Los Angeles Chargers e os Buffalo Bills. A orixe do nome da franquía é debido a que un dos principais motores económicos da cidade de Houston era o petróleo e, para representar mellor aos traballadores deste combustíbel, os seus fundadores xunto con Bud Adams decidiron chamar ao equipo como os "Petroleiros de Houston". No seu primeiro ano na AFL o equipo quedou encadrado na División Leste, xunto con Buffalo Bills, Boston Patriots e New York Titans, aos que posteriormente se unirían os Miami Dolphins. Os Oilers comezarían a xogar no Jeppesen Stadium.

O 11 de setembro de 1960 chegaba a primeira vitoria da historia da franquía, a csl acabaría a tempada cun récord de 10-4 e clasificado para enfrontarse a Los Ángeles Chargers, gañadores da División Oeste, no AFL Championship Game. Os Oilers alzaríanse co triunfo por 24-16. Ao ano seguinte, en 1961, volverían gañar a División Leste, esta vez cun rexistro de 10-3-1, sobrepóndose a un 1-3-1 inicial e a unha mudanza de adestrador. Na final derrotaron de novo a Los Ángeles Chargers por 10-3. Porén, estes son os dous únicos títulos que posúe a franquía. Naqueles anos destaca o quarterback George Branda, nomeado MVP da tempada 1961. En 1962, repetiron título divisional, con marca de 11-3, pero perderon o AFL Championship Game contra os Dallas Texans por 17-20. En 1967, durante os anos previos a fusión da AFL coa National Football League (NFL), os Oilers fican ás portas de xogar o Super Bowl II tras perder na final da AFL ante os Oakland Raiders (7-40). Finalmente o título sería conquerido polos Green Bay Packers de Vince Lombardi e Bart Starr. Ese mesmo ano o equipo trasládarase ao Rice Stadium. Tras a fin da AFL, os Oilers foron o equipo máis gañador da historia da competición.

Incorporación á NFL editar

 
Estatua adicada a Earl Campbell no Royal-Memorial Stadium.

O debut dos Houston Oilers na NFL en 1970 chegou da man dun novo estadio: o Astrodome, o primeiro estadio completamente cuberto do mundo. Para iniciar a competición foron asignados á División Central da American Football Conference (AFC) xunto cos Pittsburgh Steelers, os Cleveland Browns e os Cincinnati Bengals. Esta primeira temporada foi bastante mediocre, obtendo tan só tres vitorias por dez derrotas nun empate (3-10-1). Ao ano seguinte chega o quarterback Dan Pastorini, aínda que o rexistro apenas mellora cun 4-9-1. En 1972 iría a peor cun 1-13. Ao ano seguinte, nin sequera coa chegada de Bill Peterson, púidose remediar o declive dos Oilers cun inicio mediocre de 0-5 para terminar por segundo ano consecutivo con récord de 1-13. En 1974 os rexistros melloran coa consecución dunha marca de 7-7, para en 1975 conseguir a súa primeira temporada gañadora na NFL con 10-4, o que os levou a xogar os playoffs. Con todo, perden na rolda wildcard ante os Cincinnati Bengals.

Despois de varias temporadas con altibaixos, en 1978 asinan a Bum Phillips como adestrador e escollen no primeiro posto do Draft a Earl Campbell, running back procedente da Universidade de Texas. Campbell, tras correr 1450 iardas, é escollido Rookie do Ano ofensivo e MVP, axudando á clasificación do equipo aos Playoffs cun récord de 10-6. Nos Playoffs os Oilers conseguen a súa primeira vitoria en postemporada desde a súa incorporación á NFL despois de vencer aos Miami Dolphins (17−9). Na seguinte rolda agardarían os New England Patriots no Foxboro Stadium, onde conseguen vencer 34−14. Cando estaban un partido de chegar á Super Bowl, caen no Three Rivers Stadium ante os Pittsburgh Steelers por 34-5, perdendo na súa primeira final da AFC.

En 1979, Earl Campbell non só sería MVP Ofensivo da NFL, senón tamén o único xogador na historia dos Houston Oilers en ser MVP da NFL, correndo 1697 yardas e anotando 19 touchdowns. Campbell, xunto co quarterback Dan Pastorini, o wide receiver e kick returner Billy Johnson e o defensive end Elvin Bethea levarían aos Oilers a ter un rexistro de 11-5 e clasificarse aos Playoffs. Na rolda wildcard, con Pastorini e Campbell fóra por lesión, derrotarían no Astrodome aos Denver Broncos por 13 a 7. Os lesionados regresarían para o seguinte partido en San Diego ante os Chargers, onde vencerían por 17 a 13. Cómpre destacar os catro balóns intercepatados por Vernon Perry, récord nun partido de Playoff da historia da NFL. No partido polo campionato da AFC volverían a Pittsburgh a enfrontarse aos Steelers, mais de novo volverían caer (27-13).

Xogadores editar

Cadro actual editar

Quarterbacks

Running backs

Wide receivers

Tight ends

Liña ofensiva

Liña defensiva

Linebackers

Defensive backs

Equipos especiais

Reservas

Equipo de adestramento

Rookies en cursiva
Roster actualizado a 20 de novembro de 2016
Depth ChartTraspasos
53 activos, 5 inactivos, 10 de adestramento

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar