Tenkū no Shiro Rapyuta

Tenkū no Shiro Rapyuta (天空の城ラピュタ?) (lit. Laputa: Castelo no ceo) é un filme de animación xaponés dirixido e escrito por Hayao Miyazaki que se estreou en 1986. É o primeiro filme producido e estreado por Studio Ghibli. Foi distribuído por Toei Kabushiki Kaisha.[1] Gañou o Animage Anime Grand Prix en 1986.

Tenkū no Shiro Rapyuta
Logo título do filme
Ficha técnica
Título orixinal天空の城ラピュタ - Tenkū no Shiro Rapyuta
DirectorHayao Miyazaki
ProdutorIsao Takahata
GuiónHayao Miyazaki
IntérpretesKeiko Yokozawa
Mayumi Tanaka
Kotoe Hatsui
Minori Terada
MúsicaJoe Hisaishi
FotografíaHirokata Takahashi
MontaxeTakeshi Seyama
Yoshihiro Kasahara
EstudioStudio Ghibli
DistribuidoraToei Company
Estrea1986
Duración126 minutos
Orixe Xapón
XéneroAnimación
Na rede
http://movies.disney.com/castle-in-the-sky e https://www.ghibli.jp/works/laputa/
IMDB: tt0092067 Filmaffinity: 360886 Allocine: 40133 Rottentomatoes: m/castle_in_the_sky_1989 Allmovie: v163047 TCM: 503925 Metacritic: movie/castle-in-the-sky Netlix: 60027393Editar o valor em Wikidata

Sinopse editar

Muska, un axente do goberno, acompaña a unha rapaza chamada Sheeta á fortaleza de Tedis. De súpeto, a nave na que viaxan é atacada polos piratas que, ó igual que o goberno, buscan o segredo da pedra máxica de levitación que Sheeta leva arredor do seu pescozo. A pedra é a chave que abrirá as portas da Fortaleza celeste, unha illa flotante en medio do ceo creada por unha misteriosa raza que desapareceu do planeta hai moito tempo.

Personaxes editar

Personaxe Voz orixinal (xaponés)
Princesa Sheeta Keiko Yokozawa
Pazu Mayumi Tanaka
Capitán Dola Kotoe Hatsui
Coronel Muska Minori Terada
Xeneral Ichirō Nagai
Tío Pom Fujio Tokita
Charles (Shalulu) Takuzō Kamiyama
Louis (Lui) Yoshito Yasuhara
Henri (Anli) Sukekiyo Kamiyama
Boss Hiroshi Ito
Vello enxeñeiro Ryūji Saikachi
Okami Machiko Washio
Madge Tarako

Notas editar

  1. "Tenkû No Shiro Rapyuta". www.bcdb.com, May 13, 2012

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar