Tempada 1946-47 da BAA

A tempada 1946-47 da BAA foi a edición inaugural da Basketball Association of America, a liga profesional de baloncesto de Norteamérica que uns anos despois sería rebautizada como National Basketball Association. A liga naceu con 11 franquías, e cun formato de tempada regular seguida duns playoffs polo título. A tempada rematou cos Philadelphia Warriors como primeiros campións da historia da liga.

BAA 1946–47
Liga Basketball Association of America
Deporte Baloncesto
Tempada regular
Anotador Joe Fulks (PHIL) 1.389 pts
Finais
Campión Philadelphia Warriors
Subcampión Chicago Stags
National Basketball Association
← - 1947-48 →

Antecedentes editar

Antes da creación da BAA xa houbo en Norteamérica outras ligas profesionais de baloncesto, como a American Basketball League (ABL) ou a National Basketball League (NBL), pero a BAA foi a primeira liga que se xogou en grandes pavillóns de grandes cidades.

A orixe do torneo foi a inquietude dalgúns dos propietarios de pavillóns de hóckey sobre xeo , que non estaban satisfeitos co feito de que os seus pavillóns quedasen tantos días sen uso cando non había encontros da NHL. Foi así como se chegou a un acordo para crear varias franquías de baloncesto e promocionar este deporte nos seus pavillóns con esta nova liga.

Equipos editar

 
O Maple Leaf Gardens de Toronto acolleu o primeiro encontro da historia da BAA: Huskies vs Knicks.

Os 11 equipos inaugurais pertencían ás zonas do noroeste e medio-oeste de Estados Unidos e á cidade de Toronto, no Canadá.

Equipo Cidade Pavillón Capacidade
Toronto Huskies Toronto Maple Leaf Gardens 13.500
New York Knicks Nova York Madison Square Garden 18.500
Boston Celtics Boston Boston Garden 14.900
Washington Capitols Washington Uline Arena 7.500
Philadelphia Warriors Filadelfia Philadelphia Arena 5.500
Providence Steamrollers Providence Rhode Island Auditorium 5.300
Chicago Stags Chicago Chicago Stadium 18.600
Saint Louis Bombers Saint Louis Saint Louis Arena 14.200
Cleveland Rebels Cleveland Cleveland Arena 9.900
Detroit Falcons Detroit Detroit Olympia 15.000
Pittsburgh Ironmen Pittsburgh Duquesne Gardens 5.500

Tempada regular editar

A tempada regular comezou o 1 de novembro de 1946 e rematou o 31 de marzo de 1947, dando como resultado un aparente dominio dos Washington Capitols, que acadaron unha porcentaxe de vitorias moi superior á do resto dos equipos. Cada equipo da División Leste disputou 60 encontros, mentres que os equipos da División Oeste tamén disputaron 60, menos os dous líderes que xogaron un encontro mais para desempatar no liderado da táboa. Os tres primeiros equipos de cada División clasificáronse para a loita final polo título nos playoffs.

Playoffs editar

Estatísticas editar

Joe Fulks foi o xogador mais salientable da liga levando ó seu equipo ó título con 1.389 puntos anotados (23'1 por encontro), sendo Bob Feerick o segundo máximo anotador da liga con 926 puntos (16'8 por encontro), e Stan Miasek o terceiro con 895 puntos (14'9 por encontro).

Líderes editar

As estatísticas de anotación, asistencias e porcentaxe de acertos, foron lideradas polos seguintes xogadores:

Categoría Xogador Equipo Valor
Líder de anotación Joe Fulks Philadelphia Warriors 1.389
Líder de asistencias Ernie Calverley Providence Steamrollers 202
Líder na porcentaxe de acerto en tiros de campo Bob Feerick Washington Capitols 40'1%
Líder na porcentaxe de acerto en tiros libres Fred Scolari Washington Capitols 81'1%

Equipos ideais editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar