Telmo Bernárdez

médico e político galego

Luís Telmo Bernárdez Santomé, mellor coñecido coma Telmo Bernárdez, nado en Redondela o 11 de abril de 1885 e finado en Pontevedra o 12 de novembro de 1936, foi un médico e político galego.

Luís Telmo Bernárdez Santomé
Nacemento11 de abril de 1885
Lugar de nacementoRedondela
Falecemento12 de novembro de 1936
Lugar de falecementoPontevedra
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico e médico
FillosJesús Bernárdez Gómez
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Nado na mesma casa que o xeneral Rubín, fillo de Basilio Bernárdez Otero. Foi un dos impulsores do movemento político coñecido como agrarismo, que loitaba contra a opresión e o academento* de solucións formais para os problemas do campesiñado[1], foi redactor de Nueva Gente (1906) e La Opinión (1909). O 17 de febreiro de 1923 foi elixido alcalde de Redondela, cargo dende o que seguiu a defender posturas agraristas, manténdose no cargo até a instauración do réxime ditatorial de Miguel Primo de Rivera, o 13 de setembro dese mesmo ano, momento no que renunciou ao seu posto. Exerceu tamén de doutor municipal, após ser nomeado oficialmente pola Xunta Municipal do concello de Redondela, o 10 de novembro de 1923. En 1928 pasou a ser vicepresidente do Colexio Oficial de Médicos de Pontevedra.[2]

Durante a República foi delegado gobernativo en Redondela, e nas eleccións de 1933 presentouse a deputado pola provincia de Pontevedra, pero non conseguiu escano. En febreiro de 1936 foi nomeado delegado do goberno na Confederación Hidrográfica do Miño e en abril foi elixido compromisario para a elección do presidente da República. Foi Xefe provincial de Izquierda Republicana.

 
Placa en Pontevedra en memoria dos fusilados o 12 de novembro de 1936.

Trala sublevación do 18 de xullo de 1936 percorreu as rúas de Redondela tranquilizando e convencendo aos veciños de que non opuxeran resistencia. Foi detido o 5 de setembro e encarcerado en Vigo, no campo de concentración da illa de San Simón e Pontevedra. Sometido a xuízo sumarísimo, foi condenado a morte, sendo fusilado o 12 de novembro na estrada de Campañó. A súa familia e círculo social foi fortemente represaliado.


Predecesor:
Buenhijo Pérez Sobrino
  
Alcalde de Redondela
 
1923
Sucesor:
Casimiro Movilla Rodríguez

Vida persoal editar

Casou con Isabel Gómez Costas; dous dos seus fillos, Telmo e Jesús, mestres, foron depurados e encarcerados; a nai exiliouse en Portugal cos outros fillos José, Pedro, Isabel (tamén mestre), María, Rita e Carmela[3].

Recoñecementos editar

Déronlle o seu nome á rúa José Regojo de Redondela en 1931. En 1979 volvéronlle dedicar unha rúa en Redondela.

O 24 de setembro de 2015 o concello de Redondela nomeou a Telmo Bernárdez coma Persoeiro do ano 2015, a proposta da asociación cultural Alejandro Otero[4]. Así, inaugurouse unha placa conmemorativa na súa vivenda familiar, e realizouse unha exposición monográfica da súa traxectoria na sala de exposicións Multiúsos da Xunqueira.[5]

Notas editar

  1. Araújo Figueroa, Isaac Borja (2015). Un bo e xeneroso. Redondela: Concello de Redondela. pp. 19–20. 
  2. Queimaliños, MX. Radio Redondela, ed. "Redondela reivindica a Don Telmo no aniversario do seu asasinato". Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 31 de decembro de 2015. 
  3. Isabel Gómez volta á Terra
  4. Pinacho, Antonio. "Redondela nombra personaje del año a Telmo Bernárdez en su 130 aniversario". Faro de Vigo. Consultado o 31 de decembro de 2015. 
  5. "Redondela homenajea a Telmo Bernárdez con una ofrenda floral y una exposición sobre su vida". Faro de Vigo. Consultado o 31 de decembro de 2015. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Amoedo López, Gonzalo; Gil Moure, Roberto (2001). A prensa en Redondela. Aproximación histórica 1883-1933. Redondela: Concello. pp. 34–35. ISBN 84-8302-720-8. 
  • Lamela García, V. Luis (1993). Inmolados gallegos. Alexandro Bóveda, Víctor Casas, Telmo Bernárdez, Adrio Barreiro... Sada: Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-655-6.  (en castelán)

Ligazóns externas editar