Demonínase telectroscopio unha serie de prototipos teóricos de finais do século XIX de aparellos que permitían a visión a distancia.

Deseño do telectroscopio de Senlecq

Logo do traballo de Willoughby Smith que descubriu a fotocondutividade do selenio en 1873 houbo unha serie de investigadores que presentaron traballos que describían modelos de aparellos capaces teoricamente de transmitir imaxes, o nome púxollo o divulgador científico francés Louis Figuier en 1878.

Adriano de Paiva editar

A idea de utilizar o selenio para transmitir imaxes a distancia pódese deber ao portugués Adriano de Paiva quen en marzo de 1878 publicou en Instituto - revista científica e literária o artigo A telefonia, a telegraphia e a telescopia que traduce ao francés no folleto La téléscopie électrique basée sur l'emploi du sélénium en 1880 e no que describe unha cámara recuberta de selenio.

Constantin Senlecq editar

O francés Constantin Senlecq publicou en 1881 un folleto co título Le télectroscope, onde afirma que comezara as súas investigación en 1877, o aparello pretendía reproducir telegraficamente a distancia as imaxes obtidas nunha cámara escura.

George R. Carey editar

 
Telectroscopio de Carey

O primeiro escrito do estadounidense George R. Carey sobre o telectroscopio foi un artigo publicado no Scientic American do 5 de xuño de 1880 pero nun manuscrito atopado en 2001 Carey data a orixe do seu traballo en xaneiro de 1877 [1]. O aparello de Carey consitía nunha cámara de selenio na que se formaría a imaxe e nun receptor, composto de luces eléctricas unidas individualmente por medio dun fío a cada célula de selenio, o que faría posible a transmisión dunha imaxe que o ollo humano puidera ver. Aínda que o aparello nunca se construíu, a base da televisión, a existencia dun emisor e dun receptor quedaba fixada.

Notas editar

  1. "Histoire de la television". Arquivado dende o orixinal o 06 de decembro de 2010. Consultado o 26 de agosto de 2010.