Na mitoloxía grega, Telamón (en grego Τελαμών), fillo de Éaco, rei de Exina, e Endeis, irmán de Peleo, acompañou a Xasón como un dos seus argonautas e estivo presente na caza do Xabaril de Calidón. Tamén participou na Guerra de Troia no bando dos gregos, xunto con seu fillo, Áiax.

Representación de Telamon no xulgado do Condado de Wayne (Ohio) .

Foi pai de Áiax, coa súa primeira dona, Peribea, e de Teucro, con Hesíone, prisioneira e concubina troiana.

Outros usos editar

Chámase telamón á columna ou piar en forma de home forzudo, case sempre con barba, que sostén sobre os seus ombreiros e caluga o peso simbólico dos capiteis dun edificio. Tamén é coñecido como atlante e é a versión masculina da cariátide.

 
Telamón da igrexa de Santa María de Mourente.