Teglatfalasar III

Teglatfalasar III, tamén coñecido como Tiglatpileser III, nado en -746 e finado en -722, foi rei de Asiria. Pasa por ser un dos grandes caudillos de todos os tempos.

Teglatfalasar III
Nacementovalor descoñecido
Falecemento727 a. C.
NacionalidadeAsiria e Babel
RelixiónAntiga religião mesopotâmica
Ocupaciónrei
PaiAdad-nirari III
FillosSalmanaser V e Sargão II da Assíria
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Chegou ao trono tras unha guerra civil. Venceu a Urartu (Armenia), aos medos, aos neohititas e controlou toda Siria (destruíu Damasco) e Fenicia. Tomou Arpad tras tres anos de asedio. Impuxo un duro tributo a Hamath e derrotou ao reino de Xudá e aos filisteos, e ocupou Samaría e a maior parte de Israel. Realizou masivas deportacións e duras represións. Acabou co poderío de Babilonia da cal se proclamou rei co seu nome orixinario Pulu.

Atribúeselle a construción do pazo de Nimrud.

Fixo importantes reformas administrativas. Limitou a autonomía dos caudillos militares; incrementou o número de provincias co fin de reducir o seu poderío e puxo á fronte gobernadores eunucos.

Recrutou estranxeiros no seu exército co fin de poder prolongar as campañas militares alén do verán. Os asirios seguiron formando a cabalaría e as unidades de carros, deixándose para os foráneos a infantaría. Incrementou o papel da cabalaría fronte aos carros, o que permitiu avanzar por áreas montañosas e gañar en velocidade de manobra e ataque. Todo isto permitiulle un despregue militar sen precedentes.

Sucedeuno Salmanasar V, seu fillo.