Teatro romano de Tarraco


O Teatro romano de Tarraco é un edificio romano situado nos arredores do complexo do foro da colonia, na cidade de Tarraco, capital da provincia Hispania Citerior Tarraconensis, actual Tarragona (Cataluña, España). É unha das localizacións do lugar Patrimonio da Humanidade denominado «Conxunto arqueolóxico de Tarraco», en concreto o que leva como código de identificación 875-006.

Conxunto arqueolóxico de Tarraco
Teatro romano de Tarraco
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
PaísEspaña España
TipoCultural
CriteriosII, III
Inscrición2000
Rexión da UNESCOEuropa e
América do Norte
Identificador875-006

Historia editar

O teatro foi construído en época de Augusto a finais do século I aC, como resultado da monumentalización do Foro da Colonia, e era un dos edificios máis emblemáticos de Tarraco.

O edificio utilizouse ata finais do século II, data na que se abandonou o seu uso. No século III, logo dun incendio no recinto, na zona monumental anexa ao teatro fixéronse novos edificios usando os materiais do teatro.

Características arquitectónicas e usos editar

O teatro atópase en condicións de abandono sen museización, pese a que foi declarado patrimonio da Humanidade. Recentemente habilitouse un miradoiro na rúa Sant Magí e estase traballando na rehabilitación do espazo do teatro así como das construcións do seu redor. Para a súa construción aproveitouse a pendente natural do terreo, como no caso do Anfiteatro da mesma cidade, para recortar unha parte das bancadas. Para o resto utilizouse un sistema de criptopórticos anulares.

A scaena era o lugar destinado ás representacións teatrais, e compoñíase dunha plataforma elevada sobre un podio decorado con exedra. Na parte posterior da escena deseñouse unha praza con xardíns para o acceso dos espectadores ao Teatro, e no seu centro existía un gran estanque con estatuas sobre pedestais no seu interior.

O escenario (proscaenium) estaba pechado por unha fachada monumental decorada (frons scaenae).

Os espectadores distribuíanse nas bancadas por orde censatario e social.

Conservación e achados editar

Actualmente, consérvanse unicamente as cinco primeiras filas das bancadas ao redor da orchestra e dúas das tres escaleiras radiais que articulaban a bancada. Tamén se conserva a base do pulpitum e da scaenae frons, podéndose ver aínda os ocos onde ían colocados os soportes do pano.

Nas distintas probas realizadas no teatro e a súa contorna acháronse importantes restos arqueolóxicos, como capiteis, frisos, columnas, esculturas etc.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar