Teófilo del Valle

traballador galego

Teófilo del Valle Pérez, nado en Silleda o 1 de febreiro de 1956 e finado en Elda o 24 de febreiro de 1976,[1] foi un oficinista morto por disparos da Policía Armada durante unha folga do calzado.

Infotaula de personaTeófilo del Valle
Biografía
Nacemento1 de febreiro de 1956 Editar o valor em Wikidata
Silleda, España Editar o valor em Wikidata
Morte24 de febreiro de 1976 Editar o valor em Wikidata (20 anos)
Elda, España Editar o valor em Wikidata
Causa da morteHomicidio Editar o valor em Wikidata (Ferida por arma de fogo Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
ResidenciaElda (1964–) Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónoficinista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

A principios dos anos sesenta, cando tiña oito anos, a familia trasladouse a Elda. Estudou en Elda e moi novo marchou a Ibiza para traballar como disc-jokey. Retornou a Elda e foi administrativo nunha empresa de calzado. Foi asasinado pola Policía Armada durante unha manifestación con motivo das folgas do calzado. Logo da súa morte realizouse unha folga xeral nas comarcas do Vinalopó e ao seu enterro asistiron máis de 20.000 persoas. Creouse unha comisión cidadá esixindo responsabilidades que foi ignorada polas autoridades.[1]

Recoñecementos editar

A localidade veciña de Petrer nomeou o Parque Teófilo del Valle en conmemoración.[2] En 2016 os concellos de Elda e Petrer realizaron un acto de conmemoración da súa morte nese parque.[3] En 2012 Izquierda Unida presentou unha moción no Concello de Elda para que se asignase unha rúa a Teófilo del Valle. Esta moción foi rexeitada polo Partido Popular.[4] En 2016, Izquierda Unida anunciou a asignación dun espazo público co seu nome.[5]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Comisión por la Recuperación de la Memoria Histórica (18 de febreiro de 2010). "Recordando a Teófilo del Valle". Petreraldia.com. Consultado o 21 de xullo de 2017. 
  2. "Parque Teófilo del Valle". Google Maps. 
  3. Ortega, Marta (24 de febreiro de 2016). "Petrer y Elda se unen para recordar a Teófilo del Valle en el 40º aniversario de su muerte". Consultado o 21 de xullo de 2017. 
  4. "IU critica al PP por homenajear a Miguel Mateo y rechazar una calle en Elda a Teófilo del Valle". Información. 27 de febreiro de 2013. Consultado o 21 de xullo de 2017. 
  5. "IU Elda logra la asignación de un espacio público a la figura de Teófilo del Valle". Intercomarcal Televisión. Arquivado dende o orixinal o 18 de setembro de 2019. Consultado o 21 de xullo de 2017. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar