Taxi

vehículo de aluguer con conductor

O taxi[1] é un automóbil privado, conducido por un chofer e destinado ao transporte de pasaxeiros e mais das equipaxes destes. O transbordo faise de porta a porta, á elección do pasaxeiro, contrariamente aos transportes en común que circulan entre puntos predeterminados (paradas de autobús, estacións ferroviarias).

Taxis en Pontevedra.

A palabra taxi provén de taxímetro, aparato destinado a medir o tempo e a distancia dun traxecto para estabelecer o montante a pagar polo pasaxeiro. Este taxímetro é chamado igualmente contador quilométrico.

Notas editar

Véxase tamén editar