Taur Matan Ruak

político timorense

José María de Vasconcelos, coñecido polo seu nome de guerra Taur Matan Ruak, nado en Baguia, Baucau o 10 de outubro de 1956, é un político e militar de Timor Leste e presidente do seu país. O seu nome de guerra significa dous ollos vivos en tetum. Foi presidente de Timor Leste dende 2012 até 2017. É o actual primeiro ministro de Timor Leste dende xuño de 2018.

Taur Matan Ruak
Nacemento10 de outubro de 1956
Lugar de nacementoOsso Huna
NacionalidadeTimor Leste
RelixiónIgrexa católica
Ocupaciónpolítico
CónxuxeIsabel da Costa Ferreira
PremiosGrande-Colar da Ordem do Infante Dom Henrique
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Carreira militar no Falintil editar

Con tan só 19 anos, Taur Matan Ruak foi o líder da á militar de Resistencia Timorense (Falintil) durante a fase final da ocupación indonesia, levando a cabo diversas operacións no leste do país entre 1979 e 1980.[1]

En 1981, é promovido a Xefe Adxunto do Estado Maior, facéndose cargo das operacións do Falintil tanto no leste, como o oeste do país, e posteriormente encárgase de todas as operacións, realizadas polo brazo armado.[1] En 1992, ascende a Xefe do Estado Maior, logo en 1998, a Subcomandante das Forzas Armadas do Falintil, e en 2000, Comandante en Xefe do mesmo.

Carreira política editar

Despois da independencia de Timor Leste, converteuse en Xefe de Estado Maior en setembro de 2011, cargo ó que dimitiu para converterse en candidato para as eleccións do 16 de abril de 2012.

Na elección presidencial convértese no candidato máis votado co 60,85 % dos votos, polo que se converte no presidente.[2]

Notas editar