Tarsius

xénero de mamíferos

Artigo principal: Tarsiiformes.
Tarsius
Tarsios

Tarsius tarsier
Clasificación científica
Reino: Animalia
Subreino: Eumetazoa
Superfilo: Deuterostomia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Superclase: Tetrapoda
Clase: Mammalia
Subclase: Eutheria (= Placentalia)
Orde: Primates
Suborde: Haplorrhini
Infraorde: Tarsiiformes
Familia: Tarsiidae
Xénero: Tarsius
Stor, 1780
Especies
  • Véxase o texto

Tarsius é un xénero de mamíferos primates haplorrinos tarsiiformes, o tipo da súa única familia actual, a dos tarsíidos.[1]

Durante moito tempo pensouse que era o único xénero da familia,[2] pero nos últimos anos (década do 2010), varios descubrimentos levaron a algúns expertos a reconsideraren o taxon, e houbo autores que propuxeron dividilo en tres xéneros diferentes: Tarsius, Carlito[3] e Cephalopachus,[4]

Comprende varias especies que son coñecidas vulgarmente como tarsios,[5] caracterizadas polos seus grandes ollos, e polas súas mans e os seus pés moi desenvolvidos e acabados en dedos longos rematados nun disco adhesivo, que habitan nas selvas de varias illas do sueste asiático.

Durante moitos anos estas especies, como todas as dos tarsiiformes, foron clasificados dentro dos prosimios,[6] pero foron separadas deles porque comparten varias características cos simios.

Taxonomía editar

Unha taxonomía complicada editar

A clasificación dos tarsios foi, durante moito tempo, confusa. Xa en 1780 Storr sinalara as diferenzas entre os lémures e as especies que hoxe coñecemos cono tarsios, e argumentou a necesidade de separar estes dous taxa.[7]

Daquela cuñou o novo xénero, Tarsius,[1] para reunir os pouco correntes primates que posuían uns excepcionalente longos ósos tasianos, e deulle o nome de Tarsius spectrum á especie que definira Pallas dous anos antes, en 1778, como Lemur spectrum (de aí é de onde procede o nome binomial actual Tarsius spectrum).[7]

Descrición editar

Como quedou dito, o xénero foi descrito en 1780 polo médico e naturalista alemán Gottlieb Conrad Christian Storr en Prodr. Meth. Mamm.: 33.[1]

Etimoloxía editar

O nome científico Tarsius deriva do latín tarsus, aludindo á lonxitude dos ósos tarsianos destes animais.[8]

Sinonimia editar

Ademais de polo nome de Tarsius, ao longo da historia este xénero foi tamén coñecido polos sinónimos seguintes:[1]

  • Cephalopachus Swainson, 1835
  • Hypsicebus Lesson, 1840
  • Macrotarsus Link, 1795
  • Rabienus Gray, 1821

Clasificación editar

Como quedou dito máis arriba, a clasificación do xénero está actualmente controvertida. A xeito de exemplo, danse a continuación unha clasificación "clásica", a de Mammalian Species of the World e outra máis moderna, a de Paleobiology Database.

— Segundo Mammal Species of the World [1]

— Segundo Paleobiology Database [9]

  • Familia Tarsiidae Gray, 1825
    • Xénero Tarsius Storr, 1780
      • Tarsius dentatus Miller & Hollister, 1921
      • Tarsius eocaenus Beard et al., 1994
      • Tarsius fuscus Fischer, 1804
      • Tarsius lariang Merker & Groves, 2006
      • Tarsius pelengensis Sody, 1949
      • Tarsius pumilus Miller & Hollister, 1921
      • Tarsius sangirensis Meyer, 1897
      • Tarsius sirindhornae Chaimanee et al., 2011
      • Tarsius tarsier (Erxleben, 1777)
      • Tarsius thailandica Ginsburg & Mein, 1987
      • Tarsius thailandica Ginsburg & Mein, 1987
      • Tarsius tumpara Shekelle, Groves, Merker & J. Supriatna, 2008
      • Tarsius wallacei Merker et al., 2010

Nota: para outras clasificacións véxase Tarsiiformes.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Tarsius en MSW'.
  2. Tarsiidae en MSW.
  3. Groves, C. & Shekelle, M. (2010): "The Genera and Species of Tarsiidae" International Journal of Primatology 31 (6): 1071–1082.
  4. Brandon-Jones, D.; Eudey, A. A.; Geissmann, T.; Groves, C. P.; Melnick D. J.; Morales, J. C.; Shekelle, M. & Stewart, C. B. (2004): "Asian Primate Classification" International Journal of Primatology 25 (1): 97–164.
  5. Gran dicionario Xerais da lingua (2009): tarsio s. m. Mamífero primate, o único (sic) da familia dos dos társidos (sic) e da suborde (sic) dos tarsiformes (sic) (Tarsius sp.), nocturno, de pequeno tamaño, con grandes ollos e dedos longos rematados nun disco adhesivo [propio de Indonesia e Filipinas].
  6. VV. AA. (1968): "Tarsioideos" en: Enciclopedia Salvat de las ciencias. Tomo 6. Animales vertebrados. Pamplona: Salvat, S. A. de Ediciones, p. 290.
  7. 7,0 7,1 Gursky, Sharon L. (2016): The Spectral Tarsier. London / New York: Routledge. ISBN 978-0-1318-9332-0, capítulo 1: Taxonomy History, páx. 2.
  8. Tarsius no Merriam-Webster Dictionary.
  9. Tarsiiformes Arquivado 22 de marzo de 2016 en Wayback Machine. na EOL.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Gursky-Doyen, Sharon & Jatna Suprinata, eds. (2010): Indonesian Primates. Nova York / Dordrecht / Heidelberg / Londres: Springler. ISBN 978-1-4419-1559-3 / ISBN 978-1-4419-1559-7.
  • Kowalski, Kazimierz (1981): "Suborden Tarsioidea", en: Mamíferos. Manual de teriología. Madrid: H. Blume Ediciones. ISBN 84-7214-229-9, pp. 320–321.
  • Vaughan, T. A. (1986): Mammalogy. Third Edition. Fort Worth, Texas, USA: Saunders College Publishing.
  • VV. AA. (1968): "Tarsioideos" en: Enciclopedia Salvat de las ciencias. Tomo 6. Animales vertebrados. Pamplona: Salvat, S. A. de Ediciones, pp. 290–292.
  • Wilson, D. E. & Reeder, D. M., eds. (2005): Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference, 3ª ed. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 0-8018-8221-4.
  • Wright, P.; E. Simons & S. Gursky, eds. (2003): Tarsiers: past, present, and future. EUA: Rutgers University Press.

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar