Tarqeq, tamén coñecido coma Saturno LII (designación provisional S/2007 S 1) é unha pequena lúa irregular do planeta Saturno.

Tarqeq
Descubrimento
Descuberta por Scott S. Sheppard
David C. Jewitt
Jan Kleyna
Brian G. Marsden
Descuberta no 13 de abril do 2007[1][2]
Designación alternativa Saturno LII
Características orbitais[1]
Época 2007 Abr. 10.00
Eixo semimaior 17,9106 Gm
Excentricidade 0,1081
Período orbital 894,86 d
Inclinación 49,90° *
Características físicas
Diámetro medio 7 km [1]**
Período de rotación ?
Albedo ?
Cor ?
Tipo espectral ?
*respecto da eclíptica **baseado no albedo

Características editar

O seu descubrimento foi anunciado por Scott S. Sheppard, David C. Jewitt, Jan Kleyna, e Brian G. Marsden o 13 de abril do 2007, a partir de observación feitas entre o 5 de xaneiro e o 22 de marzo do 2007.[1][2]

O eixo semimaior de S/2007 S 1 é 17,9106 millóns de kms. e orbita Saturno en 894,86 días. A súa inclinación orbital é de 49,90° (respecto de eclíptica; 49,77° respecto do ecuador de Saturno), posúe un movemento directo e ten unha excentricidade de 0,1081.[1] O diámetro da lúa é de 7 kms[3] e é membro do Grupo Inuit de satélites irregulares de Saturno.

Tarqeq recibiría o seu nome a partir de Tarqeq, o deus inuit da Lúa.[4]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 MPEC 2007-G38: S/2007 S 1 13 de abril do 2007 (descubrimento, predescubrimento e efemérides)
  2. 2,0 2,1 IAUC 8836: S/2007 S 1, S/2007 S 2, and S/2007 S 3 11 de maio do 2007 (descubrimento)
  3. "Saturn's Known Satellites". Arquivado dende o orixinal o 19 de xaneiro de 2008. Consultado o 12 de maio de 2010. 
  4. IAUC 8873: Satellites of Saturn 20 de setembro do 2007 (bautizando)

Véxase tamén editar

Outros artigos editar