Tappasanda foi unha cidade hitita da que sobre o -1650 foi nomeado gobernador Huzziyas, fillo do rei Hattusilis I. As grandes casas de Tappasansa pedían exencións fiscais e arrastrárono a unha revolta, que foi sufocada por Hattusilis. O príncipe foi desherdado por esta rebelión.