Tancredi é unha ópera en dous actos con música de Gioachino Rossini con libreto en italiano de Gaetano Rossi, que xa colaborara co compositor en La cambiale di matrimonio (1810), L’equivoco stravagante (1811), e volvería facelo en Semiramide (1823). O texto está baseado na obra Tancrède (1759) de Voltaire. Foi estreada o 6 de febreiro de 1813 no Gran Teatro La Fenice de Venecia. A pesar de que Rossini a compuxo inicialmente cun final feliz, finalmente deulle un final tráxico para emular o Tancredi orixinal de Voltaire.

Tancredi
FormaÓpera
Actos e escenas2 actos
Idioma orixinal do libretoItaliano
LibretistaGaetano Rossi con Luigi Lechi[1]
Fontes literariasBaseada na obra de Voltaire Tancrède (1759)
Estrea6 de febreiro de 1813
Teatro da estreaLa Fenice
Lugar da estreaVenecia
Duración2 horas 45 minutos[2]
Música
CompositorGioachino Rossini
Localización da partituraBiblioteca dell'Accademia Filarmonica, Boloña
Fondazione Rossini, Pésaro (Aria di Alidoro, Roma 1820)
Personaxes

Argirio (tenor)
Tancredi (contralto)
Orbazzano (baixo)
Amenaide (soprano)
Isaura (contralto)[1]

Tancredi, un melodrama heroico, é a primeira obra importante de Rossini e, xunto con L'italiana in Algeri, que foi composta o mesmo ano, vaino facer moi célebre e famoso cando contaba con tan só 21 anos. A obra tivo unha longa e brillante carreira en Europa e foi, para os teatros alemáns, o punto de partida dunha invasión da ópera italiana contra o cal se revelaron Weber e posteriormente Wagner.

Ao longo de toda unha época, Europa tivo como ídolo a Rossini. Mesmo Beethoven, para atraer máis público á estrea da Novena Sinfonía, fixo que ademais se interpretara un aria de Tancredi.

A partitura incluíu importantes innovacións: por unha banda, os concertantes son máis frecuentes e duran máis que na ópera seria herdada do século XVIII; por outra banda, Rossini substituíu a aridez do recitativo secco por recitativos máis curtos nos que a orquestra apoia á voz e se mestura con ela: cómpre salientar en particular o papel dos instrumentos de vento que realzan a liña vocal.

Sobre todo, o xenio melódico do músico subliña o lugar predominante do canto que, de entrada, se transforma no modo de expresión musical máis natural e profundo. A célebre aria cavatina Di tanti palpiti cantada por Tancredi (mezzosoprano coloratura) no primeiro acto da obra é un bo exemplo.

A sinxeleza só é aparente. A melodía rossiniana esixe, de entrada, un dominio perfecto da vocalización, xa que esta non é de ningún xeito unha ornamentación inútil, senón un elemento fundamental da expresión. E, sen lugar a dúbidas, só adquindo consciencia desta reforma introducida por Rossini na ópera seria -daquela sometida aos abusos das coloraturas e a cadencias improvisadas- é posible atopar en Tancredi as fontes do bel canto puro e desfrutar dos seus refinamentos vocais.

Esta ópera é pouco representada, nas estatísticas de OperabaseArquivado 14 de maio de 2017 en Wayback Machine. aparece no posto número 162 das óperas representadas no período 2005-2010, sendo a 53.ª en Italia e a sexta de Rossini, con 19 representacións nese período.

Personaxes editar

Personaxe Tesitura Repartimento na estrea, 6 de febreiro de 1813
Tancredi, nobre siracusano exiliado contralto Adelaide Melanotte Montresor
Amenaide, namorada de Tancredi soprano Elisabetta Manfredini Guarmani
Argirio, pai de Amenaide e rival de Orbazzano tenor Pietro Todràn
Orbazzano, nobre e rival de Argirio baixo Luciano Bianchi
Isaura, dama de Amenaide Contralto Teresa Marchesi
Roggiero, amigo de Tancredi mezzosoprano ou tenor Carolina Sivelli

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Guía visual de la Ópera, Espasa.
  2. Riding, Alan; Dunton-Downer, Leslie (2008). Espasa Calpe, S.A., ed. Guías visuales Espasa: Ópera (en castelá) (1.ª ed.). p. 131. ISBN 978-84-670-2605-4. 

Véxase tamén editar



 
 Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.