Tampereen Pyrintö (baloncesto)

O Tampereen Pyrintö é un club de baloncesto da cidade Tampere (Finlandia), fundado en 1941 que compite na Korisliiga, a máxima categoría do baloncesto finlandés, así como na Baltic Basketball League. Disputa os seus partidos como local no Pyynikin palloiluhalli, pavillón cunha capacidade para 1.000-1.400 espectadores.

Tampereen Pyrintö
Información xeral
Liga Korisliiga
Fundación 1941
Historia Pyrbasket (1996-2005)
Cores           Vermello, branco
Adestrador Finlandia Ilkka Palviainen
Localización
Cidade Finlandia Tampere, Finlandia
Pavillón Pyynikin palloiluhalli
Capacidade 1.400
Campionatos
Liga 3 (2010, 2011, 2014)
Copa 2 (1969, 2013)
pyrinto.fi

Xogadores editar

Xogadores homenaxeados editar

O 7 de febreiro de 2014, Tampereen Pyrintö colgou os seus primeiros dorsais do teito do Pyynikin palloiluhalli nos minutos previos a un partido. Os dorsais foron pendurados como homenaxe aos xogadores e xogadoras, así como exemplo para as xeracións futuras. Os dorsais non foron retirados, senón que continúan en uso. As personalidades homenaxeadas foron catro, das cales tres xogaran para Pyrintö en categoría masculina, e unha en categoría feminina:[1]

Números homenaxeados de Tampereen Pyrinnön
Xogador Tempadas en Pyrintö Categoría
5 Arvo Jantunen 1949-1966 Masculina
7 Olavi Ahonen 1960-1970 Masculina
10 Seija Leino 1982-1985
1987-1988
Feminina
15 Kalevi Tuominen 1952-1962 Masculina

Palmarés editar

Notas editar

  1. pyrinto.fi (ed.). "Kalevi Tuomisen, Olavi Ahosen, Arvo Jantusen ja Seija Leinon paidat Pyynikin kattoon" (en finés). Arquivado dende o orixinal o 22 de xullo de 2018. Consultado o 16 de xuño de 2014. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar