Tampere (en sueco Tammerfors) é unha cidade de Finlandia, capital da rexión de Pirkanmaa. Segundo o censo do 31 de xaneiro de 2012 ten unha poboación de 215.315 habitantes.[1] A cidade está situada ao sur do país, entre os lagos Näsijärvi e Pyhäjärvi. É a terceira cidade máis poboada de Finlandia por detrás de Helsinqui e Espoo, e a cidade interior máis grande de Escandinavia.[2]

Modelo:Xeografía políticaTampere
Tampere (fi)
Tammerfors (sv) Editar o valor em Wikidata
Imaxe
(2021)

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 61°29′53″N 23°45′36″L / 61.4981, 23.76Coordenadas: 61°29′53″N 23°45′36″L / 61.4981, 23.76
EstadoFinlandia
Axencia RexionalWestern and Central Finland Regional State Administrative Agency (en) Traducir
RexiónPirkanmaa Editar o valor em Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación255.333 (2024) Editar o valor em Wikidata (486,45 hab./km²)
Lingua oficiallingua finesa Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Situado na entidade territorial estatísticaSubrexión de Tampere Editar o valor em Wikidata
Superficie524,89 km² Editar o valor em Wikidata
Bañado porNäsijärvi, Pyhäjärvi, Pirkanmaa e Tammerkoski Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
FundadorGustavo III da Suécia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Creación1779 Editar o valor em Wikidata
Organización política
• Alcalde Editar o valor em WikidataKalervo Kummola (en) Traducir (2023–) Editar o valor em Wikidata
Órgano lexislativoTampere City Council (en) Traducir , (Escano: 67) Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal33100–33900 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Outro
Irmandado con
Kíiv (1954–)
Kaunas (1997–) Editar o valor em Wikidata

Páxina webtampere.fi Editar o valor em Wikidata
Twitter: Tamperekaupunki GitHub: Tampere Editar o valor em Wikidata

Etimoloxía editar

Aínda que o nome de Tampere derive dos rápidos de Tammerkoski (tanto a cidade como os rápidos reciben o nome de Tammerfors en sueco), a orixá do prefixo Tammer- deste nome ten sido suxeito de numerosos debates. Ánte acepta a etimoloxía "directa" de Rahkonen e Heikkilä do protosami *Tëmpël(kōškë), significando *tëmpël "sección profunda e lenta dunha corrente" e *kōškë "rápidos" (afín ao koski finés).[3][4][5]

Outras teorías inclúen que provén da palabra sueca damber, que significa presa; outra que se orixina das antigas palabras escandinavas þambr ("ventre groso") e þambion ("ventre inchado"), posiblemente referíndose á forma dos rápidos. Outra suxestión vincula o nome á palabra sueca Kvatemberdagar, ou moist coloquialmente Tamperdagar, que significa témporas do calendario litúrxico cristián occidental. A palabra finesa para carballo tamén se encontra na especulación,[6] aínda que Tampere se encontra fóra da distribución natural do carballo europeo.[7]

Historia editar

Véxase tamén: Batalla de Tampere.

Tampere foi fundada como mercado á beira da canle Tammerkoski en 1775 por Gustavo III de Suecia e catro anos despois, o 1 de outubro de 1779,[8] se lle concederon dereitos de cidade. Daquela tratábase dunha vila pequena que consistía nuns poucos quilómetros cadrados de terra arredor de Tammerkoski.

Tampere medrou como cidade comercial importante e centro industrial no século XIX. Durante a segunda metade deste século Tampere concentraba case a metade da industria de Finlandia.

Tampere foi o epicentro de moitos acontecementos políticos importantes da historia de Finlandia no século XX. o 1 de novembro de 1905, durante a Revolución Rusa de 1905, proclamouse a famosa Punainen julistus (en galego Declaración Vermella) de Yrjö Mäkelin na praza central da cidade, dende o balcón do Keskustori, o que conduciu ao sufraxio universal e á concesión de máis liberdades para os finlandeses. En 1918, cando Finlandia acababa de conseguir a independencia, a cidade converteuse nun lugar estratéxico da resistencia vermella durante a Guerra Civil Finlandesa (28 de xaneiro a 15 de maio de 1918), sendo o seu bastión baixo o mando de Hugo Salmela ata a súa ocupación polas forzas brancas o 6 de abril, facendo 10.000 prisioneiros.

Logo da segunda guerra mundial, Tampere experimentou un notable crecemento ao anexionar algunhas zonas veciñas como Messukylä (1947), Lielahti (1950), Aitolahti (1966) e finalmente Teisko (1972).

Dende mediados dos anos '90, o peso específico da industria da cidade foi mudando cara ao sector das novas tecnoloxías, principalmente as telecomunicacións e as tecnoloxías da información, sendo o centro tecnolóxico de Hemia en Hervanta a sede de numerosas compañías destes sectores.

Xeografía editar

Tampere está situada aproximadamente no centro da rexión de Pirkanmaa, da cal é a súa capital e cidade máis poboada,[a] e limita cos concellos de Kangasala, Lempäälä, Nokia, Orivesi, Pirkkala, Ruovesi e Ylöjärvi.[10] O concello ten unha extensión total de 689,59 km², dos cales 164,66 km² son auga.[11]

Está situada nun istmo entre os lagos Näsijärvi (ao norte) e Pyhäjärvi (ao sur), e dividida polos rápidos de Tammerkoski, que corren de norte a sur e unen ambos lagos cun desnivel de 18 metros.[12]

Lagos editar

O 24% da superficie do concello de Tampere son masas de auga, contándose nel en torno a 160 lagos, con todo, dous terzos destes lagos son de pequeno tamaño, tendo unha superficie inferior ás 10 hectáreas, e tan só o 10% dos lagos da cidade teñen máis de 50 hectáreas. De todos estes lagos, os maiores son o Näsijärvi e o Pyhäjärvi.[13] O Näsijärvi é o 16º lago máis grande de Finlandia: ten 44 quilómetros de lonxitude e as súas augas bañan tamén os municipios de Ylöjärvi e Ruovesi. Consiste á súa vez en tres grandes áreas, Koljonselä, Näsinselä e Vankavesi[14]

Outros lagos importantes de Tampere son o Särkijärvi (145 hectáreas), o Kaukajärvi (142 hectáreas), o Hervantajärvi (83 hectáreas), o Iidesjärvi (64 hectáreas) ou o Tohloppi (63 hectáreas).[15]

Clima editar

Tampere ten un clima subártico (Köppen Dfc), rexistrándose no Aeroporto de Tampere-Pirkkala (TMP) tan só 3 meses por riba dos 10 °C.[16][17] Os invernos non son especialmente fríos, sendo a temperatura media no mes de xaneiro de -6,4 °C, mais os veráns son suaves. De media, a tempada de neve dura catro ou cinco meses, dende novembro ata principios de abril.

A temperatura media anual é de 4,8 °C e a máis alta rexistrada dende 1980 foi de 32,5 °C en xullo de 2010, mentres que a máis baixa foi de -35,8 °C en xaneiro de 1987. Polo que respecta ás precipitacións, o maior rexistro nun mes foi de 218,5 mm no mes de xullo de 1988, e a precipitación media anual é de 619,9 mm.[18][19]

Datos climáticos para Tampere–Pirkkala (TMP), elevación: 119 m,[b]1981–2010 normais, extremas 1900– presente
Mes Xan Feb Mar Abr Mai Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Anual
Temperatura máxima en °C 8,0 9,4 14,9 24,2 28,4 31,7 33,1 32,1 24,8 18,4 11,1 9,6 33,1
Media máxima en °C −3,4 −3,5 1,2 8,2 15,4 19,5 22,2 19,9 14,0 7,5 1,5 −1,9 8,4
Media diaria en °C −6,4 −6,9 −2,8 3,3 9,7 14,1 16,9 15,0 9,8 4,6 −0,6 −4,5 4,4
Media mínima en °C −9,7 −10,6 −6,6 −1,3 3,8 8,6 11,7 10,4 5,9 1,9 −3,0 −7,6 0,3
Temperatura mínima en °C −37,0 −36,8 −29,6 −19,6 −7,3 −2,8 1,8 −0,4 −6,7 −14,8 −22,5 −34,2 −37,0
Precipitación media mm 41 29 31 32 41 66 75 72 58 60 51 42 598
Media de días con precipitacións (≥ 0.1 mm) 22 18 16 12 12 13 15 15 14 17 21 22 197
Humidade relativa media (%) 90 87 82 70 63 66 69 76 82 87 91 92 80
Fonte #1: Instituto Meteorolóxico Finlandés[17]
Fonte #2: Instituto Meteorolóxico Finlandés (temperaturas récord)[20]

Demografía editar

Poboación de orixe estranxeira[21]
País de orixe Poboación (2019)
  Rusia 3 305
  Iraq 1 691
  Afganistán 1 405
  Suecia 1 142
  Estonia 1 088
  China 757
  Irán 754
  Iugoslavia 692
  India 665
  Somalia 589

Cunha poboación de 240 433 habitantes en agosto de 2020,[22] Tampere é o terceiro municipio máis poboado de Finlandia por detrás de Helsinqui e Espoo,[23] e a segunda área urbana do país con 343 089 habitantes, só por detrás da área do Gran Helsinqui.[24] A poboación de Tampere é nova, en 2019 residían na cidade 45,444 persoas maiores de 65 anos, o que supón un 19% da poboación, mentres que o 67% tiñan entre 15 e 64 anos, e case a metade da poboación tiña entre 19 e 49 anos.[25] Por sexos, 115 535 das persoas residentes en 2019 eran homes, mentres que 122 605 eran mulleres.[21] Tampere é unha das rexións urbanas de máis rápido crecemento de Finlandia, e é a cidade máis atractiva para mudarse, unha tendencia de crecemento demográfico que se expande aos municipios lindeiros.[26]

Polo que respecta á poboación estranxeira, en 2019 vivían na cidade 19 156 persoas non nadas en Finlandia, o que supón unha porcentaxe do 8% da poboación, sendo a proporción de persoas nadas noutros países menor que en Helsinqui e Turku pero maior que en Oulu. O maior número de persoas estranxeiras en 2019 procedían de Rusia (3 305), Iraq (1 691) e Afganistán (1 405).[21]

Goberno editar

Consello municipal editar

 
Anna-Kaisa Ikonen, alcaldesa da cidade dende 2021.

O Consello municipal está composto por 67 concelleiras e concelleiros. A composición das dúas últimas lexislaturas é a seguinte:

Partido Lexislatura
2013–2016[27]
Lexislatura
2017–2021[28]
Lexislatura
2021–2025[29]
Partido Socialdemócrata 16 16 17
Kokoomus 17 15 17
Liga Verde 10 14 11
Finlandeses Auténticos 9 4 10
Alianza de Esquerda 7 7 7
Keskusta 3 4 3
Cistián Demócratas 2 2 2
Independentes/Outros 1 4 -
RKP 1 1 -
SKP 1 0 -

Educación editar

Ensino básica e secundaria editar

A cidade de Tampere conta cun total de 32 escolas de ensino básica agrupadas en cinco áreas: sur, sueste, centro, nordés e oeste. Ademais das escolas administradas pola cidade, existe unha escola sueca (Svenska samskolan i Tammerfors), unha escola cristiá (Tampereen kristillinen koulu), unha escola Rudolf Steiner (Tampereen Rudolf Steiner -koulu) e a escola normal de Tampere, onde se forma o profesorado.[30] Nas escolas primarias da cidade é posible realizar a ensinanza en lingua estranxeira dende o primeiros graos.[31]

Ensino superior editar

Véxase tamén: Universidade de Tampere.

Transporte editar

Transporte urbano editar

 
Autobús da liña 25.

En torno ao 60% dos desprazamentos da rexión de Tampere son realizados en coche, mentres que o 40% restante realízanse en bicicleta, andando ou en transporte público. A finais de 2011 a poboación residente na cidade posuía en torno a 98 000 coches, o que supón un 15,7% máis que no ano 2005[32] Este incremento no número de vehículos aumentou tamén o volume de tráfico nas principais estradas e ruas da cidade.[33] O número de viaxes en transporte urbano na cidade ten ido reducíndose dende mediados da década de 1980, chegando a realizarse en 2005 menos da metade dos realizados en 1986. Esta tendencia está a mudar nos últimos anos, nos que se está a producir un aumento motivado pola situación económica, a mellora do transporte público e o aumento da concienciación ecolóxica.[32]

Na década de 2010 a cidade de Tampere tentou investir no transporte en bicicleta e a pé, que xunto co emprego do transporte público forman parte do Plan Urbano de Mobilidade Sustentable (Sustainable Urban Mobility Plan, coñecido polas súas siglas en inglés SUMP) destinado a aumentar o número de desprazamentos deste tipo.[34] Grazas a isto Tampere foi recoñecida co título de Suomen pyöräilykunta en 2013.[35] En 2015 unha enquisa revelou que a popularidade no emprego da bicicleta e ir a pé aumentara durante os anos 2014 e 2015.[36]

 
Un dos trens do futuro tranvía de Tampere.

Na rexión de Tampere ou Tampere, Kangasala, Lempäälä, Nokia, Orivesi, Pirkkala, Vesilahti e Ylöjärvi a autoridade en materia de transporte público é a Tampereen seudun joukkoliikenne (en galego Transporte público da Rexión de Tampere). En 2013 a compañía pública de transporte Tampereen Kaupunkiliikenne (coñecida polas súas siglas TKL) foi a responsable do 71% do transporte público interno[32] Entre 1948 e 1976 a cidade operou o tráfico de trolebuses, chegando a ter a maior rede de trolebuses de Finlandia.[37]

Ademais do transporte en autobús, estase a construír unha liña de tranvía que se espera comece a operar en agosto de 2021 co nome Tampereen Ratikka. En novembro de 2016 o Concello de Tampere decidiu a construción da infraestrutura con 41 votos a favor, 25 votos en contra, e unha abstención, e as obras da primeira fase comezaron en 2017.[38][39][40]

A cidade está a tentar mellorar o tránsito de pasaxeiros aumentando a funcionalidade e o nivel de servizos do sistema de transporte, así como investindo no sistema de venda de billetes e o tráfico.[41] Ademais estase a iniciar o servizo de tren de proximidades nas liñas de ferrocarril que conectan a Tampere coas cidades veciñas de Nokia e Lempäälä.[42]

Transporte terrestre editar

Véxase tamén: Estación de Tampere.

Transporte aéreo e acuático editar

Cultura editar

Gastronomía editar

A especialidade culinaria máis famosa de Tampere é a mustamakkara (en galego salchicha negra). A mustamakkara é unha salchicha elaborada con sangue, carne e graxa de porco, centeo triturado e fariña. Debe o seu nome á súa cor escura e caracterízase polo seu centro xugoso e o seu exterior crocante. Adoita servirse con marmelada de arandeira vermella e leite frío.[43][44]

Museos editar

A cidade de Tampere conta cunha ampla oferta museística e é, segundo o museólogo Janne Vilkuna, a capital museística de Finlandia pola súa innovación e dinamismo.[45] A responsabilidade sobre os museos históricos, de arte e especialidades corresponde ao servizo de museos da cidade, coñecido como Tampere museot. A súa función principal é a xestión do patrimonio cultural, incrementalo, dalo a coñecer, e apoia os museos privados da cidade. O Museo de Arte Sara Hildén posúe unha unidade propia no grupo de servios culturais e de lecer.[46]

O principal museo da cidade é o Museokeskus Vapriikki (en galego Centro Museístico Vapriikki). Inaugurado en 1996 e localizado nos antigos talleres da factoría de Tampella na beira do Tammerkoski, Vapriikki conta con distintos espazos ou museos nos que se expoñen as distintas coleccións, sendo o primeiro centro museístico aberto no país.[45] O 18 de outubro de 2017, durante a Gala da Cultura do Século, Vapriikki foi nomeado "Museo do Século".[47] O centro pode acoller dez exposicións de distintas temáticas de xeito simultáneo e nel se encontran o Museo de Historia Natural, o Museo finlandés do hóckey sobre xeo, o Museo Rupriikki dos Medios de Comunicación, o Museo Finlandés dos Xogos, o Museo do Correo, e o Museo de Minerais[48]

Música editar

Véxase tamén: Tampere Filharmonia.
 
O Tampere-talo, sede da Tampere Filharmonia, é a sala de concertos máis grande de Finlandia.

A Tampere Filharmonia e unha orquestra sinfónica composta por 97 músicos, foi fundada en 1930 e ten a súa sede no Tampere-talo, a sala de concertos máis grande de Finlandia. Denominada dende 1947 Tampereen kaupunginorkesteri (en galego Orquestra Cidade de Tampere), en 2002 mudou o seu nome pola súa denominación actual. Ademais dos seus concertos sinfónicos, a orquestra ofrece tamén representacións de ópera e ballet, e cada dous anos participa na Tampere Biennale,[49] un festival de carácter bianual organizado dende 1986 adicado á música contemporánea que se ten convertido nun dos eventos de música contemporánea máis prestixiosos de Finlandia.[50]

En 2001 un grupo formado por integrantes da Tampere Filharmonia creou TampereRaw, unha pequena orquestra adicada á interpretación de música contemporánea que dende a súa fundación ten ofrecido numerosos concertos e participado en festivais en Finlandia e Estonia.[51]

Cada ano dende 1982 celébrase na cidade o Tampere Jazz Happening, un festival anual que reúne as figuras máis populares do jazz contemporáneo finlandés e internacional.[52]

Deporte editar

Clubs deportivos editar

 
Completado en xaneiro de 1965, o Tampereen jäähalli foi o primeiro pavillón cuberto de hóckey sobre xeo de Finlandia e acolleu o Campionato do Mundo de hóckey sobre xeo masculino de 1965, a primeira cita mundialista desta modalidade celebrada no país nórdico.

A escena deportiva de Tampere está dominada polo hóckey sobre xeo. A cidade é coñecida como a capital do hóckey sobre xeo de Finlandia,[53] sendo a primeira cidade finlandesa na que se construíu unha pista ao aire libre e o primeiro estadio cuberto, o Tampereen jäähalli, que ademais foi o primeiro escenario finlandés en acoller un Campionato do Mundo en 1965.[54] Tampere é a casa dos dous equipos que máis veces conquistaron o campionato masculino finlandés: Tappara e Ilves, con 17 e 16 campionatos cada un. A principios da década de 1960 as tres medallas do campionato finlandés foron conquistadas por tres equipos da cidade (Ilves, Tappara e Koovee en tres ocasións, e cinco equipos da cidade gañaron dito campionato nalgunha ocasión: Ilves, Tappara, Koovee, TBK[c] e TaPa.[55][56][57] Polo que se refire á categoría feminina, Ilves Naiset é un dos equipos máis laureados da modalidade en Finlandia, tendo conseguido dez campionatos (o último deles en 2010), once pratas e cinco bronces.[58]

Outro deporte con clubs salientables na cidade son o fútbol baloncesto, principalmente da man do Tampere United (abreviado TamU), fundado en 1998, proclamouse campión de Finlandia e tres ocasións (2001, 2006 e 2007), e conquistou tamén a Suomen Cup e a Liigacup en 2007 e 2009 respectivamente, con todo, logo dun escándalo europeo de arranxo de partidos o club foi excluído de todas as competicións en 2011, retomando en 2012 as súas actividades dende o nivel máis baixo, a Kutonen;[59] outro equipo de fútbol da cidade que conseguiu algún título a nivel nacional é o FC Ilves, fundado o 27 de maio de 1931 campión finlandés en 1983 e campión da Suomen Cup en 1979, 1990 e 2019.[60] Tamén no baloncesto a cidade conseguiu éxitos a nivel nacional co seu principal representante, o Tampereen Pyrintö (alcumado Pyrbasket), tres veces campión finlandés (2010, 2011 e 2014) e dúas campión da copa finlandesa (1969 e 2012).[61] No fútbol sala Ilves FS gañou para a cidade oito campionatos finlandeses masculinos (2004, 2005, 2007, 2010, 2011, 2012, 2013 e 2014), así como outros catro en categoría feminina (2014, 2015, 2016 e 2017), e catro títulos de copa (2006, 2010, 2011 e 2015) en categoría masculina e un en feminina (2014), dúas Supercopas femininas e sete masculinas (2015 e 2016, e 2004, 2006, 2007, 2010, 2011, 2013 e 2014 respectivamente), o que o converte no equipo máis laureado de Finlandia na modalidade.[62] Isku-Volley, o principal equipo de voleibol da cidade proclamouse catro veces campión masculino de Finlandia (1963, 1988, 2002, 2006) e outras catro campión de copa (1982, 2001, 2002, 2011), mentres que en 1960 o Tampereen Veikot proclamouse campión nacional en categoría feminina.[63][64]

En 2017 o Manse PP deulle o primeiro título de pesäpallo en categoría feminina á cidade, e catro anos despois o mesmo club conseguiu o campionato finlandés en categoría masculina.[65][66]

Eventos editar

 
En 2021 a cidade foi unha das sedes do EuroVolley durante a fase de grupos.

Tampere ten sido o escenario de numerosos eventos deportivos internacionais e nacionais.

A cidade acolleu en catro ocasións o Campionato do Mundo, sendo o Tampereen jäähalli (máis coñecido como Hakametsä) o primeiro escenario finlandés en acoller o evento en 1965. Posteriormente foi sede xunto con Helsinqui (1982) e dúas xunto con Helsinqui e Turku (1991, 1997 e 2003). O estadio Nokia Arena, que se inaugurou en 2021, foi o escenario da edición de 2022, que tivo a súa segunda sede na capital.[67] En categoría feminina, Tampere acolleu o Campionato do mundo feminino de hóckey sobre xeo én 1992.[68]

En 1977 o lago Kaukajärvi, un dos máis de cen lagos da cidade, foi a sede do Campionato do Mundo Júnior de Remo e en 1995 do Campionato do Mundo de Remo.[69][70]

Cada ano dende 1982 celébrase na cidade o Tampere Open, un dos torneos de tenis máis salientables de Finlandia. En 2007 celebrouse por primeira vez o torneo feminino. O Tampere Open é o torneo challenger máis antigo do mundo. Celébrase no Centro de Tenis de Tampere sobre terra batida.[71][72]

En 2018 a cidade acolleu o Campionato do Mundo de Atletismo Sub-20, que se celebrou no Estadio de Ratina, un recinto construído en 1966 e con capacidade para 30 000 espectadores, que tamén ten acollido encontros clasificatorios de fútbol, así como concertos.[73][74]

En 2021, o estadio de Hakametsä foi unha das sedes do EuroVolley 2021, acollendo partidos da fase de grupos do torneo continental.[75][76]

Ademais, a cidade de Tampere presentou a súa candidatura para acoller os Xogos Olímpicos de Inverno de 1976. Na votación celebrada en Ámsterdam, a candidatura recibiu 12 votos na primeira rolda, eliminando a Vancouver e pasando á segunda votación, na que só puido conseguir oito votos, o que puxo fin á súa carreira olímpica.[77]

Cidades irmandadas editar

A cidade de Tampere está irmandada coas seguintes cidades:[78]

Cidades amigas editar

En 1988 comezou o programa de cidades amigas, o cal en 2020 contaba con dúas cidades coas que a cidade de Tampere ten un vínculo de cooperación:[78]

Notas editar

  1. A rexión tamén é denominada ás veces "Rexión de Tampere".[9]
  2. Valor medio do aeroporto e non da estación meteorolóxica.
  3. TBK integrouse en Tappara.
Referencias
  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 01 de agosto de 2012. Consultado o 05 de xuño de 2012. 
  2. "THE HIGHEST, THE OLDEST AND THE BIGGEST IN TAMPERE" (en inglés). visittampere.fi. 26 de xaneiro de 2018. Arquivado dende o orixinal o 12 de xaneiro de 2020. Consultado o 12 de xaneiro de 2020. 
  3. Ánte, Luobbal Sámmol Sámmol (2012). "An essay on Saami ethnolinguistic prehistory". A Linguistic Map of Prehistoric Northern Europe. Mémoires de la Société Finno-Ougrienne (en inglés) 266. p. 63–117. 
  4. Heikkilä, Mikko (2012). "Tampere–saamelaisen Tammerkosken kaupunki". Virittäjä (en finés) 1. 
  5. Rahkonen, Pauli (2011). "Tampere–saamelainen koskiappellatiivi". Virittäjä (en finés) 2. 
  6. "Utain – Tampereen yliopiston toimittajakoulutuksen viikkolehti" (en finés). Uta.fi. Arquivado dende o orixinal o 26 de marzo de 2005. Consultado o 12 de xaneiro de 2020. 
  7. "Robles común y albar" (PDF). Guía técnica para la conservación genética y utilización (en castelán). European Forest Genetic Resources Programme. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 28 de febreiro de 2021. Consultado o 12 de xaneiro de 2020. 
  8. "The City Of Tampere – Tampere in brief – Historia". Arquivado dende o orixinal o 28 de decembro de 2009. Consultado o 05 de xuño de 2012. 
  9. "Council of Tampere Region" (en inglés). pirkanmaa.fi. Consultado o 12 de xaneiro de 2020. 
  10. "Mapa de Tampere na rexión de Pirkanmaa" (en finés). paikkatietoikkuna.fi. Consultado o 12 de xaneiro de 2020. 
  11. "SUOMEN PINTA-ALA KUNNITTAIN 1.1.2018" (PDF) (en finés). 1 de xaneiro de 2018. Consultado o 12 de xaneiro de 2020. 
  12. Kallio, Katariina (26 de xaneiro de 2018). "TAMPERE CITY CENTRE" (en inglés). visittampere.fi. Arquivado dende o orixinal o 10 de abril de 2021. Consultado o 12 de xaneiro de 2020. 
  13. "Vesiensuojelu" (en inglés). Cidade de Tampere. Consultado o 17 de xullo de 2020. 
  14. Niemelä 2008, p. 131.
  15. Ympäristön tila Tampereella (2015), p. 79
  16. "Pirkkala, Pirkanmaa, Western Finland, Finland – City, Town and Village of the world". en.db-city.com. Consultado o 4 March 2019. 
  17. 17,0 17,1 "TILASTOJA SUOMEN ILMASTOSTA 1981-2010" (PDF) (en finés e inglés). Instituto Meteorolóxico Finlandés. Consultado o 12 de xaneiro de 2020. 
  18. "Temperature and precipitation statistics from 1961 onwards" (en inglés). Instituto Meteorolóxico Finlandés. Consultado o 12 de xaneiro de 2020. 
  19. "Rexistros climáticos de Tampere" (en finés). tilastot.mbnet.fi. Arquivado dende o orixinal o 08 de agosto de 2019. Consultado o 12 de xaneiro de 2020. 
  20. "Ilmatieteen laitoksen sääasemien arkisto" (en finés). Instituto Meteorolóxico Finlandés. Consultado o 18 de xaneiro de 2020. 
  21. 21,0 21,1 21,2 "Väestö 31.12. muuttujina Alue, Taustamaa, Sukupuoli, Vuosi ja Tiedot" (en finés). Tilastokeskus. Consultado o 10 de novembro de 2020. [Ligazón morta]
  22. Ketonen, Petra (22 de setembro de 2020). "Tamperelaisia on jo yli 240000 – pirkanmaalaisia yli 520000". Yle.fi (en finés). Consultado o 10 de novembro de 2020. 
  23. "Population" (en inglés). Tilastokeskus. Arquivado dende o orixinal o 23 de decembro de 2020. Consultado o 10 de novembro de 2020. 
  24. "Tampere, Finland Population" (en inglés). populationstat.com. Consultado o 10 de novembro de 2020. 
  25. "Väestö 31.12. muuttujina Alue, Ikä, Sukupuoli, Vuosi ja Tiedot" (en finés). Tilastokeskus. Consultado o 12 de novembro de 2020. [Ligazón morta]
  26. "THE CITY OF GROWTH AND DEVELOPMENT" (en inglés). Tampere Region Economic Development Agency. Arquivado dende o orixinal o 31 de outubro de 2020. Consultado o 11 de novembro de 2020. 
  27. "Tampere. Ehdokaskohtaiset tulokset" (en finés). Oikeusministeriö. Arquivado dende o orixinal o 14 de abril de 2017. Consultado o 18 de xaneiro de 2020. 
  28. "Tampere: Tulokset puolueittain ja yhteislistoittain" (en finés). Oikeusministeriö. Consultado o 18 de xaneiro de 2020. 
  29. "Kuntavaalit 2021: Tampere:" (en finés). Oikeusministeriö. Consultado o 11 de novembro de 2021. 
  30. "Koulut" (en finés). Cidade de Tampere. Consultado o 10 de agosto de 2020. 
  31. "Esi- ja alkuopetus" (en finés). Cidade de Tampere. Consultado o 10 de agosto de 2020. 
  32. 32,0 32,1 32,2 Ympäristön tila Tampereella 2014, p. 40–41.
  33. Ympäristön tila Tampereella 2014, p. 43.
  34. "Pyöräilyn ja jalankulun edistäminen" (en finés). Cidade de Tampere. Consultado o 25 de agosto de 2020. 
  35. Matson-Mäkelä, Kirsi (8 de marzo de 2013). "Tampere valittiin vuoden pyöräilykunnaksi". Yle.fi (en finés). Consultado o 25 de agosto de 2020. 
  36. "Liikenteen kehitys Tampereella – Kävelyn ja pyöräilyn tyytyväisyyskyselyn tutkimusraportti 2015" (PDF) (en finés). Cidade de Tampere. 29 de abril de 2016. Consultado o 25 de agosto de 2020. 
  37. "Johdinautokaupunki Tampere 1948–1976" (en finés). www.raitio.org. Arquivado dende o orixinal o 21 de outubro de 2016. Consultado o 25 de agosto de 2020. 
  38. "Nyt se on päätetty: Raitiovaunut tulevat Tampereelle – kaupunkiin rakennetaan raitiotie". Iltalehti (en finés). 7 de novembro de 2016. Consultado o 26 de agosto de 2020. 
  39. "Tampere tram project aims at 2021 completion". Yle (en inglés). 9 de novembro de 2016. Consultado o 26 de agosto de 2020. 
  40. "Sitio web de Tampereen Ratikka" (en finés). Tampereen Raitiotie Oy. Consultado o 26 de agosto de 2020. 
  41. "Lähijunaliikenteen kehittämisselvitys" (PDF) (en finés). tampereenseutu.fi. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 20 de setembro de 2020. Consultado o 26 de agosto de 2020. 
  42. "Joukkoliikennejärjestelmävaihtoehdot – Vaikutusten arviointi ja suositus Tampereen kaupunkiseudun joukkoliikennejärjestelmäksi" (PDF). TASE 2025 (en finés). Cidade de Tampere. marzo de 2007. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 27 de marzo de 2009. Consultado o 26 de agosto de 2020. 
  43. Kim, Juno (20 de agosto de 2012). "Mustamakkara: The Black Sausage Controversy" (en inglés). runawayjuno.com. Consultado o 13 de xuño de 2020. 
  44. "Mustamakkara" (en inglés). tasteatlas.com. Consultado o 13 de xuño de 2020. 
  45. 45,0 45,1 Jansson, Kaisu (26 de outubro de 2016). "Museokeskus Vapriikki täyttää 20 vuotta – tässä 5 syytä, miksi se on koko Suomen museotoiminnan lippulaiva" (en finés). Yle.fi. Consultado o 20 de decembro de 2020. 
  46. "Museopalvelut" (en finés). Cidade de Tampere. Consultado o 20 de decembro de 2020. 
  47. "MUSEOKESKUS VAPRIIKKI ON VUOSISADAN MUSEO" (en finés). Asociación de Museos Finlandeses. Arquivado dende o orixinal o 22 de outubro de 2020. Consultado o 20 de decembro de 2020. 
  48. "Museokeskus" (en finés). Vapriikki.fi. Consultado o 20 de decembro de 2020. 
  49. "Tampere Filharmonia" (en finés). sinfoniaorkesterit.fi. Consultado o 16 de xullo de 2020. 
  50. "INFO" (en finés). tamperebiennale.fi. Consultado o 16 de xullo de 2020. 
  51. "Ensemble" (en finés). TampereRaw. Arquivado dende o orixinal o 11 de novembro de 2021. Consultado o 11 de novembro de 2021. 
  52. "INFO" (en finés). tamperejazz.fi. Consultado o 20 de decembro de 2020. 
  53. "Arena in Tampere gets ready for 2022 Worlds" (en inglés). iihf.com. 17 de xuño de 2019. Consultado o 25 de febreiro de 2020. 
  54. Kauhala, Hannu (5 de outubro de 2016). "Perinnesarja, osa 1: Jääkiekkoilu modernisoitui ennen SM-liigaa" (en finés). Liiga.fi. Consultado o 24 de setembro de 2019. 
  55. Seppänen, Antti (26 de outubro de 2016). "Perinnesarja, osa 4: Tapparan marssi mestariksi 1977" (en finés). Liiga.fi. Consultado o 30 de marzo de 2020. 
  56. "TaPa" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 30 de marzo de 2020. 
  57. "Palkinnot" (en finés). Liiga.fi. Consultado o 17 de xullo de 2020. 
  58. "SEURAN SAAVUTUKSET" (en finés). Ilves-Hockey Oy. Consultado o 17 de xullo de 2020. 
  59. "TAMPERE UNITEDIN TARINA" (en finés). Tampere United. Consultado o 16 de xullo de 2020. 
  60. "Seura" (en finés). FC Ilves. Arquivado dende o orixinal o 07 de agosto de 2020. Consultado o 16 de xullo de 2020. 
  61. "Seura" (en finés). Tampereen Pyrintö. Consultado o 16 de xullo de 2020. 
  62. "Historiaa ja saavutukset. / History and trophies." (en finés). Ilves FS. Consultado o 11 de novembro de 2021. 
  63. "Historia" (en finés). rantaperkionisku.com. Consultado o 11 de novembro de 2021. 
  64. "Tampereen Veikot" (en inglés). women.volleybox.net. Consultado o 11 de novembro de 2021. 
  65. Takamäki, Noora (16 de setembro de 2017). "Manse PP on naisten Superpesiksen Suomen mestari!". Aamulehti (en finés). Consultado o 11 de novembro de 2021. 
  66. "Manse PP:n miesten läpimurtokausi vuoden sykähdyttävin urheiluhetki? – Äänestys nyt käynnissä!" (en finés). Superpesis. 3 de novembro de 2021. Consultado o 11 de novembro de 2021. 
  67. "Arena in Tampere gets ready for 2022 Worlds" (en inglés). 17 de xuño de 2019. Consultado o 13 de abril de 2021. 
  68. "1992 WOMEN'S WORLD CHAMPIONSHIPS" (en inglés). whockey.com. Consultado o 13 de abril de 2021. 
  69. "1977 WORLD ROWING JUNIOR CHAMPIONSHIPS - KAUKAJAERVI/TAMPERE, FINLAND" (en inglés). Federación Internacional de Remo. Consultado o 13 de abril de 2021. 
  70. "1995 WORLD ROWING CHAMPIONSHIPS - KAUKAJAERVI/TAMPERE, FINLAND" (en inglés). Federación Internacional de Remo. Consultado o 13 de abril de 2021. 
  71. "Tampere Openia ei pystytä pelaamaan alkuperäisen suunnitelman mukaan – Tampere ja Tali Open mahdolliseen yhteistyöhön" (en finés). Federación Finlandesa de Tenis. 11 de maio de 2020. Consultado o 13 de abril de 2021. 
  72. "Tampere Open" (en finés). tampereopen.fi. Consultado o 13 de abril de 2021. 
  73. "Tampere stadium (Ratina stadium)" (en finés). visittampere.fi. Consultado o 12 de novembro de 2020. 
  74. "IAAF World U20 Championships Tampere 2018" (en finés). visittampere.fi. Arquivado dende o orixinal o 17 de novembro de 2020. Consultado o 12 de novembro de 2020. 
  75. "EuroVolley 2021 Tampere" (en finés). tapahtumainfo.fi. Consultado o 11 de novembro de 2021. 
  76. "Host Countries. Cities & Venues" (en inglés). EuroVolley. Consultado o 11 de novembro de 2021. 
  77. Aalto, Pekka; Karttunen, Anu (15 de decembro de 2021). "Kun Tampere haki vuoden 1976 talviolympialaisia, intoa oli enemmän kuin rahaa – "Ne olisivat olleet köyhän miehen kisat", muistelee entinen kaupunginjohtaja". Yle Urheilu (en finés). Consultado o 1 de outubro de 2022. 
  78. 78,0 78,1 "Twin cities" (en inglés). Cidade de Tampere. Arquivado dende o orixinal o 16 de xullo de 2020. Consultado o 16 de xullo de 2020. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar