Tambor (arquitectura)

En arquitectura, o tambor é un elemento arquitectónico estrutural sobre o que se asenta unha cúpula e prolonga esta.[1] Na maioría dos casos a súa forma é cilíndrica aínda que pode ser poligonal, xeralmente octogonal.

Bosquexo de cúpula sobre tambor
Bosquexo de cúpula elevada: tambor (a) e pendentes (b)

Tamén se refire, a cada unha das pezas cilíndricas que forma o fuste dunha columna; especialmente no estilo dórico da arte grega antiga.

Características editar

A súa función principal consiste en eleva-la cúpula respecto do corpo principal da edificación. Así mesmo, ao contar con xanelas ou vans que permiten a entrada de luz, brinda á cúpula un efecto de lixeireza ou sensación de estar "a flotar", ademais de incrementar a luminosidade interior.[2]

O tambor, na arquitectura románica, como elemento estrutural transmite as cargas da cúpula cara aos arcos torais.[3]

Galería de imaxes editar

Notas editar

  1. Lewin (2001), p. 158
  2. "Tambor". glosarioarquitectonico.com (en castelán). Consultado o 2 de marzo de 2021. 
  3. Bails (1802), p. 100

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar