Tamara de Lempicka

pintora polaca (1898-1980)

Tamara de Lempicka, tamén grafado Łempicka, nada co nome de Tamara Rosalia Gurwik-Górska[1][2] ou Maria Górska[3] en Varsovia o 16 de maio de 1898 e finada en Cuernavaca (México) o 18 de marzo de 1980, foi unha pintora polonesa.

Tamara de Lempicka
Nome completoTamara Łempicka
Nome de nacementoMaria Górska
Nacemento16 de maio de 1898
Lugar de nacementoVarsovia
Falecemento18 de marzo de 1980 (81 anos)
Lugar de falecementoCuernavaca
SoterradaPopocatépetl
NacionalidadeImperio Ruso e Polonia
Alma máterAcadémie de la Grande Chaumière
Ocupaciónpintora e artista
CónxuxeTadeusz Lempicki
Raoul Kuffner
FillosKizette de Lempicka-Foxhall
IrmánsAdrienne Gorska
Coñecida porLa belle Rafaëla, sen etiquetar e Autoportrait
Na rede
http://www.delempicka.org/
Discogs: 2242860 Find a Grave: 7483099 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Nada no seo dunha familia da alta burguesía, estudou nun internado en Lausana (Suíza), en 1914 marcha a vivir a San Petersburgo cunha súa tía. En 1916 casou cun avogado chamado Tadeusz Lempicki en San Petersburgo, Rusia. En decembro de 1917, durante a Revolución rusa, os bolxeviques deteñen ao seu marido, pero ela consegue que o poñan en liberdade e marchan a París, onde ela adopta o nome de Tamara de Lempicka. Estuda arte con Maurice Denis e André Lhote, comeza a expoñer a partir de 1923 e convértese nunha coñecida retratista, desenvolvendo un estilo propio, ás veces denominado cubismo brando, pero que se desenvolve dentro do art déco coas súas texturas e cores frías e duras, gusto pola sensualidade do corpo pero sometido á desintegración xeométrica por medio de círculos e triángulos.

Nas vésperas da segunda guerra mundial, trasládase a Beverly Hills co seu segundo marido, Raoul Kuffner e entra en contacto coas grandes estrelas cinematográficas da época. En 1943 establécense en Nova York. Despois da morte do seu marido en 1962, Tamara trasládase a Houston e comeza a pintar nun novo estilo, que non foi ben recibido e non volveu expoñer máis nunca. En 1978 marchou a vivir a Cuernavaca, México, onde morreu en 1980.

 
Votación nas eleccións municipais de 2007 durante a exposición en Vigo

Exposición en Vigo editar

Na primavera de 2007 a Fundación Caixa Galicia presentou na Casa das Artes de Vigo a primeira retrospectiva dedicada na Península Ibérica a Tamara de Lempicka. Durante tres meses foron exhibidos en total 43 óleos e 15 debuxos, 21 fotografías, un audiovisual biográfico e diversos obxectos persoais da artista, pezas reunidas grazas á colaboración de numerosos museos e coleccións, tanto públicas como privadas, de Europa e Norteamérica, principalmente.[4]

Notas editar

  1. "Tamara de Lempicka". geni_family_tree (en inglés). Consultado o 2023-03-04. 
  2. O seu nome completo de nacemento, de acordo con Claridge (1999), p. 10; e Mori (2011), p. 22. Biographies de Lempicka-Foxhall & Phillips (1987), Néret (2000), Blondel, Brugger, e Gronberg (2004), e Bade (2006); outras fontes referen que o seu nome de nacemento era Maria (e.g., Helena Reckitt, The Art of Feminism: Images that Shaped the Fight for Equality, 1857–2017, 2018, p. 84.
  3. "El retrato art decó,Tamara de Lempicka (1898-1980)". Consultado o 2023-03-04. 
  4. "Vigo acolle a primeira exposición en España de Tamara de Lempicka". xornal.vigo.org. Consultado o 2023-03-04. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar


 
 Este artigo sobre arte é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.