Taliabu é a maior illa (2.913 km²) e máis occidental das Illas Sula, que á súa vez forma parte das illas Molucas en Indonesia. Atópase ao oeste das illas Mangole e Sanana.

Taliabu
Localización da illa
Situación
País Indonesia
ArquipélagoIllas Sula
MarOcéano Pacífico
Coordenadas1°8′S 124°8′L / -1.133, -124.133Coordenadas: 1°8′S 124°8′L / -1.133, -124.133
Xeografía
Superficie2.913´2 km²
Punto máis alto1.157 m.
Demografía
CapitalLekitobi

Xeografía editar

Taliabu atópase ao leste de Sulawesi, está separada da veciña illa de Mangole, polo Estreito de Capalulu. O punto máis alto está en Taliabus 1.157 m, o litoral da illa ten unha lonxitude de 410´5 quilómetros. Taliabu é montañosa e boscosa, e escasamente poboada. A cidade principal é Lekitobi no suroeste da illa.

Historia editar

Taliabu orixinalmente pertencía a sultán de Ternate. En 1683 converteuse en colonia dos Países Baixos. Logo da segunda guerra mundial en 1949 pasou a pertencer á agora independente Indonesia. Ao principio era parte da provincia de Molucas, desde 1999 pertence á provincia de Maluku Utara.

Poboación editar

A poboación de Taliabu probablemente é orixinaria da rexión oriental de Sulawesi, son similares étnica e culturalmente aos pobos de Buru e Ceram, a maioría é de ascendencia malaio-polinesia. Mentres que no pasado dominaban principalmente as crenzas indíxenas, hoxe en día o islam é a relixión predominante en Taliabu.