A Taifa de Dénia foi unha taifa andalusí con capital na cidade levantina de Dénia que abranguía unha pequena parte do sueste peninsular e as Illas Baleares. Apareceu no ano 1010, tras a fragmentación do Califato de Córdoba a finais do século X e comezos do século XI.

Situación da Taifa de Dénia

Os dous reis aue tivo pertencían á dinastía Amirí: Muyahid al-Muwaffaq (1010 -1045) e Ali Iqbal al-Dawla (1045-1076).

No ano 1076 foi conquistada por Al-Muqtadir, pasando a formar parte da Taifa de Zaragoza. Os territorios insulares pasaron a formar, a partir dese momento, a Taifa de Mallorca.