O termo taifa, no contexto da historia ibérica, refírese a un principado musulmán independente, un emirato ou pequeno reino existente na Península Ibérica (ou Al-Andalus) tras a fin do Califato de Córdoba dos Omeias en 1031. O termo deriva da expresión árabe muluk at-cha'waif, «os reis das faccións» (simplificada en che a'waif, de onde a facción, o reino). Algunhas das máis coñecidas foron as taifas de Taifa de Zaragoza, a de Taifa de Sevilla, Taifa de Toledo, Taifa de Valencia e Taifa de Badaxoz entre outras.

Taifas en 1037

Primeiros reinos de taifas editar

Artigo principal: Primeiros reinos de taifas.

Coa guerra civil no Al-Andalus, desde que o califa Hisham II foi obrigado a abdicar en 1009 até a abolición formal do califato en 1031 sucédense no trono de Córdoba nove califas, das dinastías omíada e hammudida, no medio dunha anarquía total que se reflicte na independencia paulatina das taifas de Almería, Murcia, Alpuente, Arcos, Badaxoz, Carmona, Dénia, Granada, Huelva, Morón, Silves, Toledo, Tortosa, Valencia e Zaragoza. Cando o último califa Hisham III é deposto e proclamada en Córdoba a república, todas as coras (provincias) de Al-Andalus que aínda non se independizaran autoproclámanse independentes, rexidas por clans árabes, bérberes ou eslavos.

As razóns encontrábanse en problemas profundos. Por un lado, as loitas polo trono do califato non facían senón reproducir as loitas internas que sempre asolaron o emirato e o califato por causas raciais (árabes, bérberes, muladís ou eslavos, escravos libres de orixe centro-europea ou do norte peninsular). Tamén influían a maior ou menor presenza de poboación mozárabe, a ansia independentista das áreas con maiores recursos económicos, ben como a agobiante presión fiscal necesaria para financiar o custo dos esforzos bélicos.

Cada taifa foi identificada ao principio cunha familia, clan ou dinastía. Así xorden a taifa dos amirida (descendentes de Almanzor) en Valencia; a dos tuyibidas en Zaragoza; a dos Aftásidas en Badaxoz; a dos birzalidas en Carmona; a dos ziridas en Granada; a dos hamádidas en Alxeciras e Málaga; e a dos abádida en Sevilla. Co paso dos anos, as taifas de Sevilla (que conquistara toda a actual Andalucía occidental e parte da oriental), Badaxoz, Toledo e Zaragoza, constituían as potencias islámicas peninsulares.

Durante o apoxeo dos reinos de taifas (século XI e despois a mediados do século XII), os reis das taifas competiron entre si non soamente militarmente, senón sobre todo en prestixio. Para iso, trataron de patrocinar os máis prestixiosos poetas e artesáns.

Con todo, a disgregación do califato en múltiplas taifas -as cales podían subdividirse ou concentrarse co paso do tempo- fixo evidente que soamente un poder político centralizado e unificado podía resistir o avance dos reinos cristiáns do norte. Carecendo das tropas necesarias, as taifas contrataban mercenarios para loitar contra os seus veciños ou para se opor aos reinos cristiáns do norte. Até mesmo guerreiros cristiáns, como o propio Cid, serviron os reis musulmáns, loitando até mesmo contra outros reis cristiáns. Non obstante, isto non foi suficiente e os reinos cristiáns aproveitarían a división musulmá e a debilidade de cada taifa individual para as someter. Ao principio o sometemento era unicamente económico, forzando as taifas a pagaren un tributo anual, as chamadas parias, aos monarcas cristiáns. Porén, a conquista de Toledo en 1085 por parte de Afonso VI de León e Castela fixo palpábel que a ameaza cristiá podía acabar cos reinos musulmáns da península. Ante tal ameaza, os reis das taifas pedíronlle axuda ao sultán almorábide do norte da África, Yusef Ben Tashfin, o cal pasou o estreito e non só derrotou o rei leonés na batalla de Zalaca (1086), senón que conquistou progresivamente todas as taifas.

Relación de taifas do primeiro período editar

 
Os reinos de taifas en 1080.

Segundos reinos de taifas editar

Artigo principal: Segundos reinos de taifas.

Cando o dominio almorábide comezou a decaer, xurdiron os chamados segundos reinos de taifas (1144-1170), que foron posteriormente sometidos polos almohades, que sucederon os almorábides no seu dominio do norte de África.

Relación de taifas do segundo período editar

Terceiros reinos de taifas editar

Artigo principal: Terceiros reinos de taifas.

Tras a fin do período almohade, marcado pola batalla das Navas de Tolosa (1212), houbo un curto período denominado terceiros reinos de Taifas, que acabou na primeira metade do século XIII coas conquistas cristiás no Levante de Xaime I de Aragón (Valencia, 1236) e en Castela de Fernando III o Santo (Córdoba, 1236 e Sevilla, 1248) e perdurou en Granada coa fundación do reino nazarí, que non capitulou até o 2 de xaneiro de 1492, data que pon fin á Reconquista.

Relación de taifas do terceiro período editar

  • Arjona.
  • Baeza: 1224-26 (casteláns).
  • Denia: 1224-1227 (considérase de almohades).
  • Granada (Garnata): 1237-1492 (este período non acostuma considerarse como unha taifa; casteláns);.
  • Lorca: 1240-65 (casteláns).
  • Menorca: 1228-87 (Aragón).
  • Murcia: 1228-66 (casteláns).
  • Niebla: 1234-62 (casteláns).
  • Orihuela: 1239/40-49/50 (Murcia ou casteláns).
  • Valencia: 1228/29-38 (Aragón).

Notas editar

  1. Emilio de la Cruz Aguilar: El Reino Taifa de Segura. Boletín del Instituto de Estudios Giennenses, ISSN 0561-3590, Nº. 153, 2, 1994, pp. 883-914 http://dialnet.unirioja.es/servlet/fichero_articulo?codigo=1200629&orden=69087 descarga deste artigo

Véxase tamén editar