Tadija Dragićević

baloncestista serbio

Tadija Dragićević (en serbio cirílico: Тадија Драгићевић), nado o 28 de xaneiro de 1986 en Čačak é un ex-xogador profesional de baloncesto serbio. Formado nas categorías inferiores do KK Crvena zvezda, cunha altura de 2,06 m xogaba na posición de ala-pivote. Entre os seus logros destacan o ser o MVP da Liga do Adriático (ABA Liga) en 2008 e dúas veces máximo anotador desta competición (2008 e 2016). No ano 2008 foi elixido no draft da NBA polos Utah Jazz. O seu último equipo foi o Club Baloncesto Breogán da Liga ACB.[1]

Tadija Dragićević
Información persoal
Nacemento 28 de xaneiro de 1986 (38 anos)
República Federal Socialista de Iugoslavia Čačak, Iugoslavia
Nacionalidade Serbia Serbia
Altura 2,06 m (6 ft 9 in)
Peso oficial 112 kg (247 lb)
Posición Ala-pivote
Información da carreira
Canteira Crvena zvezda
NBA Draft 2008 / Rolda: 2 / Elección: 53
Por Utah Jazz
Carreira 20042019
Historial de equipos
Crvena zvezda (2004–2010)
Mega Vizura (2005–2006)
Lottomatica Roma (2010)
Alba Berlin (2010−2011)
Angelico Biella (2011–2012)
Azovmash (2012–2013)
Anadolu Efes (2013)
Crvena zvezda (2014)
SIG Strasbourg (2014–2015)
Budućnost Podgorica (2015–2016)
Aris Thessaloniki (2016–2017)
Yeşilgiresun Belediye (2018)
Cafés Candelas Breogán (2018–2019)

Traxectoria editar

Nado en Čačak, Dragićević formouse na categorías inferiores do Crvena zvezda (Estrela Vermella). Co paso dos anos acabou por chegar ao primeiro equipo, onde acabou sendo o capitán e nomeado como mellor xogador (MVP) da Liga do Adriático (ABA Liga) en 2008. Ese mesmo ano é escollido no Draft da NBA polos Utah Jazz, os cales venderon os seus dereitos polo xogador aos Dallas Mavericks, quen o traspasaron aos Chicago Bulls en troques de Greg Smith. Debido ás graves dificultades económicas que pasou o seu club a comezos da década de 2010, o 22 de xaneiro ten que deixar o equipo, asinando coa Lottomatica Roma da Lega Basket Serie A para o que restaba de temporada. Na seguinte campaña asina co Alba Berlin da Basketball Bundesliga. Tras rematar o seu contrato regresa a Italia, onde asina co Angelico Biella, club onde fai unha media de 10,6 puntos e 6,4 rebotes por partido. Após xogar en diferentes equipos do máximo nivel europeo, en 2015 recala no Budućnost Podgorica, onde se converte por segunda vez na súa carreira no máximo anotador da Liga do Adriático. Tras pasar por Turquía, o 29 de decembro de 2018 anúnciase a súa fichaxe polo Club Baloncesto Breogán da Liga ACB. Após finalizar a camapaña, Dragićević anunciou a súa retirada do baloncesto profesional.

Clubs editar

Palmarés editar

  • Liga de Montenegro
    • Campión (1): 2016
  • Copa de Montenegro
    • Campión (1): 2016
  • Copa Radivoj Korać
    • Campión (2): 2006, 2014
  • Copa de Francia
    • Campión (1): 2015
  • MVP da ABA Liga (Liga do Adriático) (1): 2008
  • Máximo anotador da Liga ABA (2): 2008, 2016
  • Quinteto ideal da ABA Liga (1): 2016

Notas editar

  1. "O Cafés Candelas Breogán incorpora a Tadija Dragićević". Club Baloncesto Breogán. 29 de decembro de 2018. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar