Un tablet PC é un ordenador a medio camiño entre un ordenador portátil e un PDA, no que se pode escribir a través dunha pantalla táctil. Un usuario pode utilizar un apuntador (estilo ou stylus) para traballar co ordenador sen necesidade de teclado ou rato. Este aparato foi propugnado por Microsoft e outros fabricantes.[Cómpre referencia]

HP Compaq tablet PC

Esta modalidade de ordenador portátil supuxo un avance significativo na aplicación dos estudos en lingüística computacional.[Cómpre referencia]

Existen modelos que só achegan a pantalla táctil a modo de encerado, sendo así moi lixeiros. Tamén hai ordenadores portátiles con teclado e rato, chamados convertibles, que permiten rotar a pantalla e colocala como se dun encerado se tratase, para o seu uso como tablet PC.

Sistema Operativo editar

O sistema operativo que empregan a maioría destes dispositivos é unha evolución do Windows XP optimizado para traballar con procesadores móbiles, que consomen menos enerxía. O software especial que proporciona este sistema operativo permite realizar escritura manual, tomar notas a man alzada e debuxar sobre a pantalla.

Empresas fabricantes editar

A empresa española Tuxum creou o primeiro ordenador-encerado que funciona con GNU/Linux,[Cómpre referencia] concretamente cunha metadistribución de Debian, adaptada para lle engadir recoñecemento de escritura. Outros fabricantes de tablet PC son HP e Fujitsu.