Tabarra

caricaturista galego

José Laurentino Lorenzo Álvarez, máis coñecido como Tabarra, nado en Ourense o 11 de abril de 1871 e finado na mesma cidade o 25 de novembro[1] de 1923, foi un caricaturista galego.

Infotaula de personaTabarra
Biografía
Nacemento11 de abril de 1871 Editar o valor em Wikidata
Ourense, España Editar o valor em Wikidata
Morte25 de novembro de 1923 Editar o valor em Wikidata (52 anos)
Ourense, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndebuxante de prensa , caricaturista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeJoaquina Fernández Barcia
FillosXaquín Lorenzo, Xurxo Lorenzo Fernández Editar o valor em Wikidata
"En el baile nacional". Caricatura gañadora do segundo premio do certame de caricaturas de El Liberal

Traxectoria editar

Licenciouse en dereito na Universidade de Santiago de Compostela (1893), durante a súa época de estudante principiou a colaborar coa publicación satírica Café con Gotas, e tras dunha breve estada en Madrid publicou en Solidaridad, La Lucha, La República, El Liberal ou Barcelona Cómica. En 1903 gañou o segundo premio de caricaturas de El Liberal.[2] De ideas socialistas foi membro da Agrupación Socialista de Ourense, presentándose ás eleccións municipais de 1909 nunha coalición republicano-socialista. Escribiu os folletos políticos Nuestras Ideas e El Régimen Socialista. Foi o pai de Xaquín Lorenzo e Xurxo Lorenzo Fernández.

Notas editar

  1. González Pérez, Clodio (2003) Xaquín Lorenzo Fernández Xocas (1907-1989). Toxosoutos, p. 41
  2. González Pérez, Clodio "Xoaquín Lorenzo Fernández. Vida" Arquivado 08 de decembro de 2015 en Wayback Machine. Boletín da RAG 365 (2004) p. 176.