Tía (mitoloxía)

Na mitoloxía grega, Tía, a Divina, Tea ou Teia [1] (en grego Θεία), tamén chamada Eurifaesa (Ευρυφαεσσα Euryphaessa, 'a de amplo brillo' [2], era unha Titánide, filla de Xea (a Terra) e Urano (o Ceo). Considerouse deusa da vista e a que dotaba ó ouro, á prata e ás xemas do seu brillo e valor [3].

Infotaula de personaTía

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(grc) Θεία Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeHiperión Editar o valor em Wikidata
FillosHelios, Selene, Eos, Aurora (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisUrano Editar o valor em Wikidata  e Xea Editar o valor em Wikidata
IrmánsRea, Xapeto (mitoloxía), Cronos, Hiperión, Océano, Tetis e Temis Editar o valor em Wikidata

Mitoloxía editar

Uniuse a Hiperión, un dos seus irmáns, do que tivo tres fillos: Helios (o Sol), Eos (a Aurora) e Selene (a Lúa).

"Tea, dominada polo amor de Hiperión, procreou ó grande Helios, á brillante Selene e a Eos, que lucen para tódolos que habitan na Terra e para os inmortais deuses que ocupan o ancho ceo".
(Hesíodo: Teogonía 372-374)

Noutras tradicións, Tía é o nome dunha ninfa que se uniu a Apolo, con quen tivo un fillo chamado Delfo. Outras fontes fana amante de Poseidón ou do mesmo Zeus, con quen tivo dous fillos: Magnes e Macedón.

Trala Titanomaquia, na que as Titánides permaneceron neutrais, foi vivir ó palacio do seu fillo Helios.

Notas editar

  1. Tamén escrito Thea, Thia ou Theia.
  2. Segundo Homero no chamado Himno homérico.
  3. Píndaro di de Tía: Madre do Sol, Tea de moitos nomes, por ti os homes honran o ouro por riba de todo o demais.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • ELVIRA BARBA: Miguel Ángel: Arte y mito. Manual de iconografía clásica. Sílex, 3ª ed. 2017.
  • GRIMAL, Pierre: Diccionario de mitología griega y romana. Ed. Paidós, 1981.
  • HESÍODO: Teogonía. Trabajos y días. Escudo. Certamen, Alianza Editorial, 3ª ed., 2013 [a numeración segue a utilizada neste texto]
  • Hesíodo. Teogonía. Universidad de Salamanca. Curso 2009-2010. 11638: LUZ, MOLÉCULAS Y VIDA