Tártaro (mitoloxía)

Na mitoloxía grega, o Tártaro (grego antigo: Τάρταρος, Tártaros)[1] é o profundo abismo que se usa como calabozo de tormento e sufrimento para os malvados e como prisión para os Titáns. Tártaro é o lugar onde, de acordo coas Gorxias de Platón (c. 400 a.C.), as almas son xulgadas despois a morte e onde os malvados reciben o castigo divino. O Tártaro tamén se considera unha forza ou deidade primixenia xunto a entidades como a Terra, Noite e Tempo.

O Tártaro, segundo Virxilio

Mitoloxía grega editar

Na mitoloxía grega, o Tártaro é a vez unha deidade e un lugar no inframundo grego. Nas antigas fontes órficas e nas escolas de misterio, o Tártaro é tamén a primeira entidade ilimitada da que nacen a luz e o cosmos.

Segundo a mitoloxía grega, o Tártaro é unha rexión do inframundo situada moi por debaixo do inferno:

"No máis profundo da terra de amplos camiños, o sombrío Tártaro".
(Hesíodo: Teogonía 119-120)
"Urano encadeounos e botounos ó Tártaro, tebroso lugar este, situado no Hades, que dista da terra o mesmo que esta do ceo".
(Pseudo-Apolodoro: Biblioteca mitológica I, 1, 2)

Hesíodo descríbeo como rodeado de murallas con portas de bronce - que puxera Poseidón- e todo el cuberto por unha escuridade de tres capas, de modo que os Titáns permanecen nel baixo escuras tebras.

Co tempo, o Tártaro pasou a ser identificado co propio inferno, lugar de castigo para os que pecaban, polo que se opón ós Campos Elisios.

Mitoloxía editar

Utilizouse como lugar afastado onde os deuses encerraban ós seus inimigos: Urano e Cronos ós Ciclopes, Zeus ós Titáns e ós Xigantes.

"Enváronnos [ós Titáns] ... e encadeáronnos... tanto baixo a terra canto lonxe está o ceo da tierra, tanto hai desde a terra ata o umbrío Tártaro. En efecto, se durante nove noites e nove días estivese unha bigornia de bronce baixando desde o ceo, ó décimo chegaría á terra; e igualmente ... durante nove noites e días unha bigornia de bronce estivese baixando, ó décimo día chegaría ó Tártaro".
(Hesíodo: Teogonía 717-725)

Incluso os deuses son ameazados con el cando se opoñen a Zeus. O mesmo Apolo foi condenado ó Tártaro por matar ós Ciclopes (que crearan o raio de Zeus) aínda que foi salvado porque a súa nai Leto suplicoulle a Zeus que o perdoase.

Outros editar

Tamén se denomina Tártaro á personificación do inframundo, que se uniu a Xea e tivo varios monstros como fillos, como Tifón.

Notas editar

  1. A palabra é de orixe incerta ("Tartarus". Online Etymological Dictionary).

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • GRIMAL, Pierre: Diccionario de mitología griega y romana. Ed. Paidós, 1981.
  • HESÍODO: Teogonía. Trabajos y días. Escudo. Certamen, Alianza Editorial, 3ª ed., 2013 [a numeración segue a utilizada neste texto]
  • Hesíodo. Teogonía. Universidad de Salamanca. Curso 2009-2010. 11638: LUZ, MOLÉCULAS Y VIDA
  • PSEUDO-APOLODORO: Biblioteca mitológica. Tradución e notas de Julia García Moreno. Alianza Editorial 3ªed. 2016 [a numeración segue a utilizada neste texto].