Os T'Lani son unha especie alieníxena no universo de Star Trek que apareceron pola primeira volta na serie Star Trek - Deep Space Nine.

É unha especie humanoide tecnoloxicamente evoluída do planeta T'Lani III, no Cuadrante Alfa, que estiveron en guerra cos kellerun por moitos anos deica o 2370, cando asinaron finalmente a paz. O tratado de paz prevía a eliminación do virus Harvester, unha perigosísima arma xenética que posuían as dúas faccións. Os t'Lani solicitaron a axuda da Federación para destruílo.