Susana Fortes

escritora galega

Susana Fortes López, nada en Pontevedra o 15 de novembro de 1959[1], é unha escritora e xornalista galega.

Susana Fortes
Nacemento15 de novembro de 1959
Lugar de nacementoPontevedra
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela e Universidade de Barcelona
Ocupaciónxornalista, novelista, escritora e guionista
PaiXosé Fortes
IrmánsAlberto Fortes, Xabier Fortes e Ana Belén Fortes
Coñecida porNada que perder e Querido Corto Maltés
Na rede
IMDB: nm3182980 Dialnet: 107798 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Licenciada en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, e en Historia de América pola Universidade de Barcelona, combina a súa paixón pola novela co traballo como profesora de ensino medio en Valencia.[2] Deu clases de castelán e conferencias en Estados Unidos (Luisiana e California).

É autora de diversas novelas, entre elas El amante albanés, coa que quedou finalista do Premio Planeta na súa edición de 2003. A súa obra caracterízase por bordear a novela policíaca. Tamén é articulista en diversos medios relacionados coa literatura e o cine, ó que considera moi vinculada a súa obra «é coma se tivese interiorizada a sintaxe do cine na literatura».[3]

Obras editar

  • Querido Corto Maltés (1994). Tusquets. Premio Nuevos Narradores. En valenciano Estimat Corto Maltés (1999, Tandem Edicións)
  • Las cenizas de la Bounty (1998). Espasa.
  • Tiernos y traidores (1999). Seixa Barral.
  • Fronteras de arena (2001). Espasa, finalista Premio Primavera de novela.
  • Adiós muñeca (2002). selección de artigos sobre cine.
  • El amante albanés (2003). Espasa, finalista Premio Planeta.
  • El azar de Laura Ulloa (2006). Planeta.
  • Quattrocento (2007)[4]. Planeta.
  • Esperando a Robert Capa (2009). Planeta, gañadora do Premio Fernando Lara de Novela[5]
  • La huella del hereje (2011). Planeta. En italiano: Il camino del penitente (2102, Editrice Nord).
  • El amor no es un verso libre (2013). Suma de letras.
  • Septiembre puede esperar (2017). Planeta.
  • Tal como éramos (2021, Ézaro)
  • Nada que perder (2022, Planeta)

Obras colectivas editar

  • Pontevedra. Laranxeiras e limoeiros (2015). Concello de Pontevedra/Galaxia.

Vida persoal editar

É filla do escritor Xosé Fortes Bouzán e irmá de Alberto, Xabier e Ana Belén Fortes.

Notas editar

  1. Cuevas-Morales, S. (2003): Diccionario universal bio-bibliográfico de autoras que escriben en castellano. Siglo XX. Madrid: Aconcagua Publishing. Páx. 166.
  2. lecturalia.com. "Susana Fortes: libros y biografía autora". Lecturalia (en castelán). Consultado o 2021-08-26. 
  3. Presentación da novela El azar de Lara Ulloa, marzo de 2006.
  4. Quattrocento. Planeta Mexico. 2010. ISBN 978-84-08-09409-8. OCLC 613432099. 
  5. Susana Fortes gana el Premio Fernando Lara de Novela