Suevia (Santiago de Compostela)

revista de Santiago de Compostela (1917-1919)

Suevia foi unha revista que se definía como "Revista semanal de literatura y arte"[1], publicada en Santiago de Compostela entre 1917 e 1919.

Suevia
PaísEspaña
Lugar de publicaciónSantiago de Compostela
Lingualingua castelá e lingua galega
Na rede
Galiciana: 580670
editar datos en Wikidata ]

Historia e características editar

O director foi o mestre e poeta santiagués Manuel Ortiz Novo (1891-1933). Apareceu o 7 de outubro de 1917 e deixou de publicarse o 12 de marzo de 1919. A partir de xaneiro de 1918 mudou a cabeceira pola de Suevia Literaria e pasou a ter unha periodicidade mensual.

De carácter bilingüe pero maioritariamente en castelán, contou entre os seus colaboradores a plumas ilustres da literatura galega, como Paz Andrade, Salvador Golpe, Lois Carré Alvarellos, Eladio Rodríguez, Alfredo Brañas, Valle Inclán ou Cabanillas, entre outros. Tamén tivo destacados colaboradores entre o escritores casteláns, como Rubén Darío, Juan Ramón Jiménez ou Antonio Machado.

Notas editar

  1. Segundo a Gran Enciclopedia Galega: "Revista semanal de literatura, arte y ciencias".

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar