Substrato (química)

En química o termo substrato ten un significado máis amplo que en bioquímica.

Un substrato é unha especie química baixo observación, que é o obxecto da acción doutros reactivos. Por exemplo, un composto en cuxa transformación intervén un catalizador.

A IUPAC advirte que o termo se use con coidado, indicando claramente que especie química da reacción é a que se considera o substrato.[1]

Notas editar