Substancia vesicante

composto químico que causa irritación e dor na pel, ollos e mucosas.

Chámanse substancias vesicantes, axentes vesicantes, ou vexicatorios,[1] a aquelas substancias, sólidas, líquidas ou gasosas, que, en contacto coa pel, producen irritación e vexigas.

As substancias vesicantes poden provocar grandes e dolorosas vesículas ou ampolas aos afectados por elas.

Uso do termo editar

O seu nome débese á súa capacidade para causar queimaduras químicas graves, o que produce ampolas dolorosas no corpo dos afectados. Aínda que o termo úsase moitas veces en relación con queimaduras a grande escala causadas por derramos químicos ao a axentes de guerra química,[2] algunhas substancias naturais tales como a cantaridina (alcaloide da cantáride), tamén son axentes produtores de ampolas (vesicantes).[3] A furanocumarina, outra substancia natural, causa efectos vesicantes indirectos, por exemplo, ao aumentar enormemente a fotosensibilidade da pel.

Os vesicantes teñen tamén usos médicos, incluída a eliminación de verrugas, pero poden seren fatais de inxerirse incluso en pequenas cantidades.[3]

Accións editar

 
Soldado da primeira guerra mundial afectado polo gas mostaza, poderoso axente vesicante.

A súa acción pode ir desde a irritación leve da pel até a ulceración e fortes queimaduras, chegando a producir a destrución dos tecidos.

Os ollos son especialmente sensíbeis a elas. Tamén, no caso de seren inxeridas ou aspiradas, poden producir un efecto asfixiante pola súa acción vesicante na traquea e nos bronquios (as células mortas producidas por esta acción poden chegar a obstruílos).

Algunhas das principais substancias vesicantes son:

Estudo destas subatancias editar

A principios do século XX, coa eclosión das armas químicas, investigáronse especialmente estas substancias xa que as máscaras antigás non impedían os seus efectos, demostrándose moi eficaces ao non manifestarse estes inmediatamente, senón un tempo despois de estaren expostos a elas.

Situacion na actualidade editar

Actualmente as substancias vesicantes continúan sendo un perigo potencial, xa que existen almacenadas e séguen producíendose pese ao Protocolo de Xenebra (1925), no que se prohibiu o uso de armas químicas (Xapón non o asinou, e os Estados Unidos incorporaríanse a el máis tarde, en 1947), e á creación en 1992 da Organización para a Prohibición de Armas Químicas, que promove un convenio polo que os países asinantes se comprometen a prohibilas e a destruír as existentes.

Notas editar

  1. vesicante no Dicionario da RAG.
  2. "Center for Disease Control". Arquivado dende o orixinal o 22 de xaneiro de 2005. Consultado o 17 de febreiro de 2019. 
  3. 3,0 3,1 "Cantharidin and Meloids: a review of classical history, biosynthesis, and function". Arquivado dende o orixinal o 03 de setembro de 2005. Consultado o 17 de febreiro de 2019. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar