Substancia fundamental

A substancia fundamental ou matriz extrafibrilar é un compoñente do tecido conectivo constituído por unha especie de xel amorfo que rodea as células e as fibras coláxenas. Nun tecido, as células están rodeadas e sostidas por unha matriz extracelular da que a substancia fundamental amorfa forma parte. A substancia fundamental non inclúe as fibras de coláxeno ou as fibras elásticas da matriz, pero si todos os outros compoñentes da matriz extracelular.

Os compoñentes da substancia fundamental varían dependendo do tecido, pero está principalmente composta por auga, glicosaminoglicanos (principalmente hialurona), proteoglicanos, e glicoproteínas. A fase acuosa desta substancia é o medio polo que teñen que pasar todas as substancias nutritivas e residuais para chegar ás células ou pasar ao sangue.

Xeralmente a substancia fundamental non é visible en preparacións microscópicas porque se elimina durante o proceso de preparación.[1] Pode conservarse parcialmente fixando os cortes de tecido conxelados con vapores de éter-formol, e despois pódese tinguir con ácido periódico-Schiff e azul de toluidina.[2]

O significado exacto do termo evolucionou ao longo do tempo.[3]

Notas editar

  1. "Connective Tissue". Arquivado dende o orixinal o 07 de novembro de 2008. Consultado o 2008-11-27. 
  2. Tratado de Histología. Bloom-Fawcett. D. W. Fawcett. 11ª edición (1987). Interamericana- McGraw-Hill. Páxinas 147-148. ISBN 84-7605-361-4.
  3. Wheatley DN (June 2003). "Diffusion, perfusion and the exclusion principles in the structural and functional organization of the living cell: reappraisal of the properties of the 'ground substance'". J. Exp. Biol. 206 (Pt 12): 1955–61. PMID 12756276. doi:10.1242/jeb.00238. Arquivado dende o orixinal o 18 de setembro de 2019. Consultado o 10 de febreiro de 2015. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar