Subdivisións de Australia

Australia está dividida en seis estados, tres territorios continentais e outros territorios insulares. Os estados son Nova Gales do Sur (NSW), Queensland (QLD), Australia Meridional (SA), Tasmania (TAS), Victoria (VIC) e Australia Occidental (WA). Os tres territorios continentais son o Territorio do Norte (NT), o Territorio da Capital Australiana (ACT) e Jervis Bay (JBT) (que se considera parte do ATC). Na maior parte dos seus asuntos, os territorios funcionan de xeito similar aos estados; con todo o Parlamento da Mancomunidade ten o poder de anular calquera lexislación dos parlamentos dos primeiros. En contraste, a lexislación federal só pode anular lexislacións dos estados relativas a certas áreas segundo establécese na Sección 51 da Constitución Australiana; todos os poderes lexislativos residuais son manexados polos parlamentos dos estados, incluíndo hospitais, educación, policía, poder xudicial, estradas, transporte público e goberno local.

As capitais de cada estado e territorio (no caso do ACT, a propia cidade de Canberra) están sinaladas no mapa en vermello. O número indica a localización dalgúns estados e territorios.

Cada estado e territorio ten a súa propia lexislatura (unicameral no caso do Territorio do Norte, o Territorio da Capital Australiana e Queensland, e bicameral nos restantes estados). A cámara baixa é coñecida como Asemblea Lexislativa (Cámara da Asemblea en Australia Meridional e Tasmania) e a cámara alta é chamada Consello Lexislativo. O xefe de Goberno de cada estado e territorio é denominado premier ou chief minister respectivamente. A Raíña é representada nos estados por un gobernador, no Territorio do Norte por un administrador, e no Territorio da Capital Australiana polo Gobernador Xeral.

Australia ten tamén varios territorios menores. O Goberno federal administra unha área separada dentro de Nova Gales do Sur, o Jervis Bay, como base naval e porto marítimo para a capital nacional. Australia posúe ademais os seguintes territorios externos habitados: Illa Norfolk, Illa de Nadal e Illas Cocos (Keeling); e os territorios externos deshabitados de Illas Ashmore e Cartier, Illas do Mar do Coral, Illas Heard e McDonald e Territorio Antártico Australiano; en canto a dúas supostas illas, a Dougherty e a Emerald, estas fai anos que se consideran unha ficción e, polo tanto, se categorizan como illas pantasma.

O código ISO que comeza por AU- é o ISO 3166-2:AU; algúns territorios teñen o seu propio código ISO 3166-1.

Subdivisións da Australia editar

Estados editar

Número Bandeira Escudo Estado Capital Área Poboación (2012)
2     Nova Gales do Sur (NSW) Sydney 809.444 km² 7.272.800
3     Victoria (VIC) Melbourne 237.629 km² 5.603.100
4     Queensland (QLD) Brisbane 1.852.642 km² 4.537.700
5     Australia Meridional (SA) Adelaida 1.043.514 km² 1.650.600
6     Australia Occidental (WA) Perth 2.645.615 km² 2.410.600
7     Tasmania (TAS) Hobart 68.401 km² 502.600

Territorios internos editar

Número Bandeira Escudo Territorio Capital Área Poboación (2012)
1     Territorio da Capital Australiana (ACT) Canberra 2.358 km² 373.100
1 Territorio da Baía Jervis Sussex Inlet 67 km² 611
8     Territorio do Norte (NT) Darwin 1.420.970 km² 233.300

Territorios externos editar

 
Territorios Externos Australianos
Bandeira Territorio Capital Área Poboación
  Illa Norfolk (NF) Kingston 34,6 km² 2.128 (2008)
  Illa Christmas (CRX) Flying Fish Cove 135 km² 1.493 (2006)
  Illas Cocos (Keeling) (CC) West Island 14 km² 628 (2005)
  Illas Ashmore e Cartier - 199.45 km² (2007)
  Illas do Mar do Coral - 5 km² -
  Illa Heard e Illas McDonald - 372 km² -
  Illas de Lord Howe (CRX) - 56 km² 350 (2006)
  Territorio Antártico Australiano(**) - 5.896.500 km² -

(**)O Territorio Antártico Australiano non está efectivamente administrado por Australia é unha reclamación suspendida de acordo ao artigo 4 do Tratado Antártico, O Tratado conxela as aspiracións territoriais dos signatarios, impide a negación ou afirmación de dereitos de soberanía dos asinantes, e prohibe a realización de novas reclamacións

Antigos estados editar