Suabia (rexión administrativa)

rexión administrativa do estado de Baviera, Alemaña

Suabia (en alemán Schwaben, en bávaro Schwobm) é unha das sete rexións administrativas (Regierungsbezirk) en que está dividido o estado federado alemán de Baviera.[1]

Modelo:Xeografía políticaSuabia

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 48°30′N 10°30′L / 48.5, 10.5Coordenadas: 48°30′N 10°30′L / 48.5, 10.5
EstadoAlemaña
Estado federadoBaviera Editar o valor em Wikidata
CapitalAugsburgo Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación1.857.991 (2016) Editar o valor em Wikidata (185,95 hab./km²)
Xeografía
Superficie9.992,03 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude560 m Editar o valor em Wikidata
Punto máis altoHochfrottspitze (en) Traducir (2.649 m) Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Xefe do gobernoErwin Lohner (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
Código NUTSDE27 Editar o valor em Wikidata
Clave de rexión en Alemaña097 Editar o valor em Wikidata

Sitio webbezirk-schwaben.de Editar o valor em Wikidata

Está situada no suroeste de Baviera. Limita con Baden-Württemberg, a Franconia Media e a Alta Baviera. Ademais ten unha fronteira exterior con Austria, que se encontra aberta grazas ao Acordo de Schengen.

A súa capital administrativa é Augsburgo.[2]

División administrativa editar

A rexión de Suabia está composta por catro cidades-distrito (Kreisfreie Städte) e dez distritos rurais (Landkreise):

Cidades-distrito editar

Distritos rurais editar

Poboación editar

Evolución histórica da poboación de Suabia editar

 
Casa do Concello de Kempten
  • 1939: 934 311
  • 1950: 1 293 734
  • 1961: 1 340 217
  • 1970: 1 467 454
  • 1987: 1 546 504
  • 2002: 1 776 465
  • 2005: 1 788 919
  • 2006: 1 786 764
  • 2008: 1 787 995
  • 2010: 1 785 875
  • 2015: 1 846 020
  • 2019: 1 899 442

Historia editar

A rexión forma parte da rexión histórica de Suabia e en tempos pasados foi gobernada por duques da dinastía Hohenstaufen.

Véxase tamén: Dinastía Hohenstaufen.

Despois da decapitación do duque de Suabia Conradino en Nápoles en 1268, seu tío, o duque bávaro Luís herdou algunhas das posesións de Conradino en Suabia.

En 1803, coa mediatización e secularización alemá, Baviera adquiriu os territorios da Suabia Oriental, que se fusionaron co Palatinado-Neuburgo, constituíndo a "Provincia Bávara de Suabia", cuxa capital encontrábase en Ulm.

Despois da fundación do Reino de Baviera, o estado reorganizouse totalmente e, en 1808, dividiuse en 15 rexións gobernamentais administrativas (en alemán: Regierungsbezirke, singular Regierungsbezirk), en Baviera chamadas Kreise (singular: Kreis). Estas creáronse á maneira dos departamentos franceses, bastante uniformes en tamaño e poboación, e recibiron o nome dos seus principais ríos.

En 1808 este territorio dividiuse en tres distritos (Oberdonaukreis, Lechkreis, Illerkreis) e, en 1817 foron reunidos de novo no distrito Oberdonaukreis, cuxa sede era Augsburgo.

Nos anos seguintes, debido aos cambios territoriais (por exemplo, a perda do Tirol alemán e a adquisición do Palatinado renano), o número de Kreise reduciuse 15 a 8. En 1837, o rei Lois I de Baviera cambiou o nome dos Kreise aos nomes territoriais históricos. Isto tamén implicou algúns cambios fronteirizos ou intercambios territoriais. Así, o nome do distrito cambiou a distrito de Suabia e Neoburgo, en honor ao ducado de Suabia, xa que o actual distrito conformaba os territorios do leste do antigo ducado.

Durante o período nazi, o 1 de outubro de 1928, a rexión separouse do resto de Baviera para formar o Gau Schwaben, sendo reincorporada a Baviera despois da segunda guerra mundial, como distrito de Suabia.

Economía editar

O produto interior bruto (PIB) da rexión foi de 74 800 millóns de euros en 2018, o que representaba o 2,2 % da produción económica alemá. O PIB per cápita axustado ao poder adquisitivo foi de 36 500 euros, o 121 % da media da Unión Europea no mesmo ano. O PIB por empregado foi o 101 % da media da UE.[3]

Notas editar

  1. Berg-Schlosser, Dirk (1993). Political Culture in Germany. p. 102. ISBN 978-1-3492-2767-9. 
  2. Páxina oficial de Augsburgo (en alemán).
  3. "Regional GDP per capita ranged from 30% to 263% of the EU average in 2018" (PDF). Eurostat. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar