Stjepan Vukčić Kosača

duque bosníaco

Stjepan Vukčić Kosača (en cirílico: Стјепан Вукчић Косача), nado en 1404 e finado en 1466, foi o máis poderoso duque bosníaco, e en gran medida un vasalo indisciplinado do Reino de Bosnia. Membro da familia Kosača, converteuse en gran duque de Bosnia logo da morte do seu tío Sandalj. Rexeitou recoñecer a ascensión de Tomé de Bosnia, proclamándose a si mesmo como herzog semi-independente, recoñecendo a soberanía primeiro do Imperio Otomán, logo da Coroa de Aragón e despois outra vez do Imperio Otomán. A paz foi restaurada brevemente logo do casamento do rei Tomé e a filla de Stjepan, Catarina, mais non durou moito.

Stjepan Vukčić Kosača
Nacementoc. 1404
Lugar de nacementoGoražde
Falecemento22 de maio de 1466
Lugar de falecementoHerceg Novi
NacionalidadeReino da Bósnia
EtniaBósnios
RelixiónIgreja da Bósnia
Ocupaciónaristócrata
PaiVukac Hranić
NaiKatarína
CónxuxeJelena Balšić Kosača
FillosVladislav Hercegović, Catherine of Bosnia, Hersekzade Ahmed Pasha, Vlatko Hercegović e Mara Hercegović
editar datos en Wikidata ]

Foi o título de Stjepan como Herceg de San Sava o que lle deu o título otomán de sanjak, estabelecido despois de 1482 cando a familia Kosača caeu baixo o dominio otomán. O nome mantívose dende entón e é usada pola moderna rexión de Hercegovina (Sanjak de Hercegovina foi parte do eialato de Bosnia, mentres que a moderna Hercegovina forma parte do mordeno estado de Bosnia e Hercegovina), e pola vila de Herceg Novi, no actual Montenegro.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar