Stjepan Andrijašević

futbolista croata

Stjepan Andrijašević, nado en Split o 7 de febreiro de 1967, é un exfutbolista croata, que xogaba na demarcación de centrocampista.

Andrijašević
Información persoal
Nome Stjepan Andrijašević
Nacemento 7 de febreiro de 1967
Lugar de nacemento Split
Altura 1.85 m
Posición Centrocampista
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1983–1992 Hajduk Split 101 (21)
1992-1993 AS Monaco 7 (1)
1993-1994 Celta de Vigo 25 (8)
1994-1995 Hajduk Split 11 (4)
1995-1998 Rayo Vallecano 48 (10)
Selección nacional
Croacia 5 (0)
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Con 16 anos comezou a xogar no equipo da súa cidade natal, o Hajduk Split, xogando 101 encontros e anotando 21 goles. A tempada 1992/93 pasa á Liga francesa ao fichar polo AS Monaco, onde non tivo demasiada sorte e so disputou 7 encontros.

O 16 de novembro de 1993 chegaba ao Celta de Vigo cedido polo Hajduk Split, onde fixo moi bo papel, axudando ao equipo a proclamarse Subcampión da Copa do Rei ao ser decisivo nas semifinais ante o CD Tenerife. Porén sería a súa última tempada en Vigo xa que o Celta non se puido facer cargo das esixencias do club croata para facerse coa propiedade do xogador.

Tras desvincularse do Celta volve a Split, e tras un ano sen moita sorte ficha polo Rayo Vallecano, onde se retirou do fútbol en activo en 1998. No club vallecano alternou dous anos en Primeira División con outra en Segunda.

Coa Selección de fútbol de Croacia foi internacional cinco veces, entre 1992 e 1994.