Stipe Pletikosa

futbolista croata

Stipe Pletikosa, nado en Split o 8 de xaneiro de 1979, é un exfutbolista profesional croata que xogaba de gardameta. Foi internacional coa selección de Croacia.

Stipe Pletikosa
Pletikosa xogando co FC Rostov en 2014
Información persoal
Nome Stipe Pletikosa
Nacemento 8 de xaneiro de 1979 (45 anos)
Lugar de nacemento Split
Altura 1,93 m.
Posición Gardameta
Información de club
Club actual Deportivo da Coruña
Carreira xuvenil
1986–1996 Hajduk Split
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1996–2003 Hajduk Split 141 (4)
2003–2007 Shakhtar Donetsk 29 (0)
2005–2006Hajduk Split (cedido) 21 (0)
2007–2011 Spartak Moscova 63 (0)
2010–2011Tottenham Hotspur (cedido) 0 (0)
2011–2015 Rostov 116 (0)
2016 Deportivo da Coruña 2 (0)
Total 369 (4)
Selección nacional
1994 Croacia sub-15 1 (0)
1994–1995 Croacia sub-16 2 (0)
1994 Croacia sub-17 2 (0)
1995–1997 Croacia sub-18 2 (0)
1995–1998 Croacia sub-19 14 (0)
1999 Croacia sub-20 5 (0)
1998–2001 Croacia sub-21 13 (0)
1999–2014 Croacia 114 (0)
Na rede
FIFA: 179048 UEFA: 27322 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Club editar

Pletikosa comezou a súa etapa profesional no Hajduk Split croata, e foi traspasado en 2003, xunto ó seu compañeiro Darijo Srna, ó Shakhtar Donetsk por 2 millóns de euros. Pletikosa non tivo moito éxito no Shakhtar, e foi cedido ó Hajduk Split en 2005.

O 7 de marzo de 2007, Pletikosa fichou polo Spartak de Moscova a cambio de 3 millóns de euros, e asinou un contrato de tres anos co club ruso. Durante a súa etapa no Spartak, foi cedido ó Tottenham Hotspur na tempada 2010-11, onde tan só participou nun partido da Football League Cup.

O 6 de agosto de 2011, asinou un contrato de dous anos co FC Rostov ruso.[1]

Deportivo editar

O 2 de marzo de 2016 produciuse o seu debut co Deportivo da Coruña na Liga española, nunha derrota a domicilio fronte o Athletic Club (4–1).[2]

Palmarés editar

Club editar

Hajduk Split
Shakhtar Donetsk
FC Rostov

Individual editar

  • Premio Heart of Hajduk: 2000, 2002
  • Xogador do Ano da liga croata: 2001, 2002
  • Futbolista croata do ano: 2002

Notas editar

  1. "Pletikosa joins Rostov". FIFA.com. 6 de agosto de 2011. Arquivado dende o orixinal o 15 de outubro de 2013. Consultado o 30 de setembro de 2011. 
  2. "Pletikosa debuta en la Liga con 37 años y se lleva cuatro goles". La Opinión de A Coruña. 2 de marzo de 2016.  (en castelán)

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar