Steve Francis

baloncestista estadounidense

Steven D'Shawn "Steve" Francis, nado o 21 de febreiro de 1977 en Takoma Park, Maryland, é un antigo xogador profesional de baloncesto estadounidense.

Steve Francis
Posición Base
Dorsal 3, 1
Altura 1,91 m (6 ft 3 in)
Peso oficial 95 kg (210 lb)
Nacemento 21 de febreiro de 1977 (47 anos)
Takoma Park, Maryland
Carreira
Universidade San Jacinto (1996–1997)
Allegany College (1997–1998)
Maryland (1998–1999)
NBA Draft 1999 / Rolda: 1 / Elección: 2
Por Vancouver Grizzlies
Tempadas 19992010
Equipo(s)
Estatísticas (NBA)
Puntos     10 446 (18,1 pp)
Asistencias     3 473 (6,0 pp)
Rebotes     3 215 (5,6 pp)
Stats @ Basketball-Reference.com
Premios

Traxectoria profesional editar

Francis foi seleccionado na 2ª posición do Draft da NBA de 1999 polos Vancouver Grizzlies. Anunciou publicamente que non quería xogar nos Grizzlies debido á distancia entre Vancouver e o seu fogar en Maryland. Tras estes comentarios, as críticas posteriores e un incidente no Aeroporto Internacional de Vancouver, a franquía decidiu traspasar a Francis. Antes do comezo da tempada 1999-00, Francis foi traspasado ós Houston Rockets nun traspaso entre tres equipos, que incluíu a once xogadores.[1] No seu momento foi o traspaso máis grande da historia da NBA.[2] Nesa tempada conseguiu o galardón ó Rookie do Ano da NBA, compartido con Elton Brand.[3] Francis rematou a súa primeira etapa nos Rockets despois de ser traspasado ós Orlando Magic no ano 2004.

O 22 de febreiro de 2006, Francis foi traspasado ós New York Knicks a cambio de Trevor Ariza e Penny Hardaway. Tras dúas tempadas en Nova York, Francis volveu a Houston coma axente libre, asinando un contrato por dúas tempadas e 6 millóns de dólares. O 24 de decembro de 2008, foi traspasado ó equipo que o elixiu no Draft, os Grizzlies, desta volta situados na cidade de Memphis. O 27 de xaneiro de 2009, Francis foi cortado polos Grizzlies, sen chegar a debutar co equipo.

En novembro de 2010, Francis asinou cos Beijing Ducks da Chinese Basketball Association. Acadou 0.5 puntos e 0.7 rebotes por encontro en 4 partidos disputados, antes de deixar China a finais de decembro dese mesmo ano.[4]

Estatísticas editar

Lenda
  PX Partidos xogados  MPP  Minutos por partido  %TC  Porcentaxe de tiros de campo  %3P  Porcentaxe de tiros de 3
 %TL  Porcentaxe de tiros libres  RPP  Rebotes por partido  APP  Asistencias por partido  ROU  Roubos de balón por partido
 TPP  Tapóns por partido  PPP  Puntos por partido  Negra  Máximo de carreira

Tempada regular editar

Ano Equipo PX MPP %TC %3P %TL RPP APP ROU TPP PPP
1999–00 Houston 77 36.1 .445 .345 .786 5.3 6.6 1.5 0.4 18.0
2000–01 Houston 80 39.9 .451 .396 .817 6.9 6.5 1.8 0.4 19.9
2001–02 Houston 57 41.1 .417 .324 .773 7.0 6.4 1.2 0.4 21.6
2002–03 Houston 81 41.0 .435 .354 .800 6.2 6.2 1.7 0.5 21.0
2003–04 Houston 79 40.4 .403 .292 .775 5.5 6.2 1.8 0.4 16.6
2004–05 Orlando 78 38.2 .423 .299 .823 5.8 7.0 1.4 0.4 21.3
2005–06 Orlando 46 37.7 .433 .257 .797 4.8 5.7 1.1 0.2 16.2
2005–06 New York 24 27.5 .442 .538 .761 3.0 3.5 1.0 0.3 10.8
2006–07 New York 44 28.1 .408 .378 .829 3.6 3.9 0.9 0.3 11.3
2007–08 Houston 10 19.9 .333 .235 .565 2.3 3.0 0.9 0.5 5.5
Total 576 37.6 .429 .341 .797 5.6 6.0 1.5 0.4 18.1

Playoffs editar

Ano Equipo PX MPP %TC %3P %TL RPP APP ROU TPP PPP
2004 Houston 5 44.4 .429 .412 .725 8.4 7.6 1.4 .2 19.2
Total 5 44.4 .429 .412 .725 8.4 7.6 1.4 .2 19.2

Notas editar

  1. "Rockets Get Francis in 3-Team Deal". New York Times. 28 de agosto de 1999. 
  2. Associated Press (1999-09-01). "Rockets Sign Steve Francis". CBS News. Arquivado dende o orixinal o 27 de xaneiro de 2012. Consultado o 2008-08-29. 
  3. Associated Press (2000-05-09). "Bull, Rocket Win Rookie Award". CBS News. Arquivado dende o orixinal o 11 de xullo de 2010. Consultado o 2008-08-29. 
  4. "Steve Francis leaves Chinese team". ESPN.com. Associated Press. 27 de decembro de 2010. Consultado o 22 de agosto de 2011. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar