Steven Frank Albini, nado en Pasadena (California) o 22 de xullo de 1962, é un enxeñeiro de son, produtor, músico e xornalista musical estadounidense. Foi membro das bandas Big Black, Rapeman e Flour, e na actualidade toca en Shellac.[1] É fundador, dono e enxeñeiro de Electrical Audio, un complexo de estudios de gravación situado en Chicago, e traballou con artistas coma Pixies, Nirvana, Cheap Trick, Electrelane, Scrawl e PJ Harvey entre outros.

Infotaula de personaSteve Albini

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento22 de xullo de 1961 Editar o valor em Wikidata (62 anos)
Pasadena, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
RelixiónAteísmo Editar o valor em Wikidata
EducaciónMedill School of Journalism (en) Traducir
Universidade Northwestern (pt) Traducir
Hellgate High School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónprodutor musical , guitarrista , xornalista , xornalista musical , cantautor , cantante , enxeñeiro de son , xogador de póker Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1981 Editar o valor em Wikidata -
Membro de
Xénero artísticoPost-hardcore e Rock alternativo Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
InstrumentoGuitarra e voz Editar o valor em Wikidata
Selo discográficoTouch and Go Records Editar o valor em Wikidata
DeportePóker Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm1328560 Twitter: electricalWSOP Musicbrainz: a4d486bd-6020-4a36-9c7d-bf5ce174bcd1 Songkick: 1959217 Discogs: 59373 Allmusic: mn0000023358 Genius: Steve-albini Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Primeiros anos editar

Steve Albini naceu en Pasadena, California, fillo de Gina (apelido de solteira Martinelli) e Frank Addison Albini. No seu certificado de nacemento, no espazo do seu segundo nome pon "None" (ningún), xa que os seus pais negáronse a deixalo en branco.[2] Seu pai foi un investigador de fauna e Albini ten dous irmáns máis.[3][4] Na súa mocidade a súa familia mudouse bastantes veces, antes de asentarse na cidade universitaria de Missoula, Montana en 1974.[3] Albini é italiano-americano e parte da súa familia procede da rexión do Piamonte no norte de Italia.

Mentres se recuperaba da rotura dunha perna, Albini comezou a tocar o baixo e foi a clases durante unha semana no instituto. Albini comezou a escoitar punk rock aos 14 ou 15 anos grazas a un compañeiro da escola que lle ensinou aos Ramones durante unha excursión, e posteriormente mercaría todos os discos dos Ramones que tiña dispoñibles, e atribue a súa carreira musical a escoitar o seu primeiro álbum.[3][5] Albini dixo: "desconcertábame e emocionábame música como a dos Ramones, Sex Pistols, Pere Ubu, Devo e todas esas inspitradoras bandas de punk contemporáneas sen querer intentar imitalas".[6]

Durante a súa adolescencia Albini tocou en bandas como Just Ducky en Montana, Small Irregular Pieces of Aluminum en Chicago, Stations, e outro grupo da cal o selo Touch and Go/Quarterstick Records explicou "el [Albini] estanos pagando para que non o digamos".[7]

Tras graduarse no Hellgate High School,[3] Albini mudouse a Evanston, Illinois, para estudar no Medill School of Journalism na Universidade do Noroeste (NU), onde obtivo un grao de xornalismo. Albini dixo que estudou pintura na universidade con Ed Paschke, ao que chamou un educador brillante e "unha das únicas persoas na universidade que realmente me ensinou algo".[8]

Na área de Chicago Albini estivo activo como escritor en fanzines locais como Matter e Forced Exposure, encargándose da nova escena punk rock, e gañándose unha reputación pola iconoclasta natureza dos seus artigos. Nesa época comezou a gravar a músicos e gravou o seu primeiro álbum en 1981. Codirixiu o selo de Chicago Ruthless Records con John Kezdy de The Effigies e Jon Babbin (Criminal IQ Records). Segundo Albini, mantivo un "traballo normal" durante cinco anos ata 1987, traballando nun estudio fotográfico como artista de retoque fotográfico.[9]

Big Black (1981 - 1987) editar

Artigo principal: Big Black.

En 1981 Albini formou Big Black mentres estaba na universidade do Noroeste, e gravou o EP Lungs, o traballo de estrea da banda, publicado a través do selo Ruthless Records que codirixía con Babbin e Kezdy.[10] Albini tocou todos os instrumentos en Lungs agás o saxofón, gravado polo seu amigo John Bohnen. O EP Bulldozer (1983) foi editado a través dos selos Ruthless e Fever Records.[7]

Jeff Pezzati e Santiago Durango, da banda de Chicago Naked Raygun, e o batería de directo Pat Byrne uníronse pouco despois, e o grupo, xunto cunha caixa de ritmos Roland TR-606 acreditada como "Roland", publicou o EP Racer-X en 1984, tras saír de xira e fichar polo selo Homestead Records. Pezzati comezou a gravar o sinxelo "Il Duce" pero regresou ao seu grupo orixinal antes de rematar. Foi substituído no baixo por Dave Riley, co cal o grupo gravou o seu álbum de estrea Atomizer (1986). A gravación de "Il Duce" foi finalmente rematada con Riley como baixista. A banda tamén lanzou o álbum The Hammer Party mentres aínda estaba con Homestead, que é unha recompilación dos EP Lungs e Bulldozer.[7]

Big Black deixou Homestead por Touch and Go Records a finais de 1985/principios de 1986, e gravou o EP Headache e o sinxelo de 7" "Heartbeat" entre xuño e agosto de 1986. Os dous traballos editáronse posteriormente nese mesmo ano, así como o álbum ao vivo Sound of Impact, lanzado polo selo Not/Blast First. O seu libreto proporciona información sobre as influencias da banda; Albini citou a artistas como Ramones, The Birthday Party, The Stooges, Suicide, SPK, Minor Threat, Whitehouse, Link Wray, Pere Ubu, Chrome, Rudimentary Peni, The 4-Skins, Throbbing Gristle, Skrewdriver, The Ex, Minimal Man, U.S. Chaos, Gang Green, Tommi Stumpff, Swans e Bad Brains.[11]

En 1987 a banda publicou o seu segundo álbum de estudio, Songs About Fucking, así como o sinxelo de 7" "He's a Whore / The Model", ámbolos dous a través de Touch and Go.[7] Big Black separouse despois dun período de longas xiras para promocionar Songs About Fucking. Durango comezou a estudar dereito e converteuse en avogado.[7]

Rapeman (1987 - 1988) editar

Artigo principal: Rapeman.

Albini formou Rapeman en 1987. A banda estaba composta por Albini (voces e guitarra) e os antigos membros de Scratch Acid Rey Washam (batería) e David Wm. Sims (baixo). O grupo chamouse así por un cómic xaponés e grupo desfíxose despois do lanzamento dun EP, Budd, e dun álbum, Two Nuns and a Pack Mule (1988). Rapeman tamén editou dous 7", un deles a través do Sub Pop Singles Club.

 
Albini, á dereita, con Shellac en 2014

Nunha entrevista no ano 2020, Albini expresou o seu pesar polo nome da banda (violador en galego) e dixo "foi unha elección frívola", calificándoa de inconcebible e indefendible. Comparouno con facerse unha mala tatuaxe.[12]

Shellac (1992 - presente) editar

Artigo principal: Shellac.

Albini formou Shellac en 1992 cos seus compañeiros Bob Weston (anteriormente en Volcano Suns), e Todd Trainer (de Rifle Sport, Breaking Circus e Brick Layer Cake). Inicialmente publicaron tres EPs: The Rude Gesture: A Pictorial History, Uranus e The Bird is the Most Popular Finger. Os dous primeiros foron a través do selo Touch and Go, mentres que o terceiro foi publicado por Drag City.

Dous anos despois da súa formación, o selo xaponés NUX Organization lanzou un álbum ao vivo só no Xapón, Live in Tokyo. A este seguíronlle cinco álbums de estudio: At Action Park (1994), Terraform (1998), 1000 Hurts (2000), Excellent Italian Greyhound (2007) e Dude Incredible (2014).[13]

Carreira como enxeñeiro de gravación editar

Dende principios dos anos 90, Albini ten sido máis recoñecido polo seu traballo como produtor discográfico, aída que non lle gusta o termo e prefire non ser acreditado como tal nos libretos.[14] Nos créditos prefire o termo "enxeñeiro de gravación".[15]

En 2005 Albini estimaba que gravara entre 1 500 e 2 000 álbums,[16] a meirande parte deles de músicos underground. En 2018 as súas estimaciións medraran ata varios milleiros.[17] Entre os artistas máis destacados cos que Albini traballou atópanse: Foxy Shazam, Nirvana, Pixies, The Breeders, Godspeed You! Black Emperor, Mogwai, The Jesus Lizard, Don Caballero, PJ Harvey, The Wedding Present, Joanna Newsom, Superchunk, Low, Dirty Three, Jawbreaker, Neurosis, Cloud Nothings, Bush, Chevelle, Jimmy Page e Robert Plant (como Page and Plant), Helmet, Fred Schneider, The Stooges, Owls, Manic Street Preachers, Jarvis Cocker, The Cribs, The Fleshtones, Nina Nastasia, The Frames, The Membranes, Cheap Trick, Motorpsycho, Slint, mclusky, Labradford, Veruca Salt, Zao, The Auteurs e Spare Snare.[18]

Metodoloxía editar

Segundo a opinión de Albini, poñer a produtores a cargo de sesións de gravación a miúdo acaba por estragar discos, mentres que o rol de enxeñeiro de gravación é solucionar problemas na captura do son dos músicos, e non unha ameaza sobre o control do produto dos artistas.

As gravacións de Albini foron analizadas por autores como Michael Azerrad, que tamén é músico. No libro de 2001 Our Band Could Be Your Life: Scenes from the American Indie Underground, 1981–1991, Azerrad describe o traballo de Albini no álbum dos Pixies Surfer Rosa: "As gravacións foron moi básicas e moi esixentes: Albini usou poucos efectos especiais; obtivo un son de guitarra agresivo, a miúdo violento; e asegurouse de que a sección rítmica sonara como unha".[19]

Influencias editar

Unha influencia clave para Albini foi o produtor inglés John Loder, o cal se fixo famoso a finais dos 70 cunha reputación de gravar álbums rapidamente e dun xeito barato, pero cunha calidade distintiva e sensibilidade cara ao son e a estética das bandas.[16]

Albini mencionou admiración polo etnomusicólogo Alan Lomax.[9] Entre os seus compañeiros, Albini ten loubado ao seu colaborador habitual, e tamén membro de Shellac, Bob Weston, así como a Brian Paulson e Matt Barnhart entre outros.[9]

Electrical Audio editar

Albini mercou Electrical Audio, o seu estudio de gravación persoal, en 1995.[16][20] A principal razón para a compra foi a falta de privacidade para el e a súa muller. O seu anterior estudio estaba na súa casa, e finalmente acabou ocupando todas as habitacións agás o dormitorio.[20] Antes de facerse con Electrical Audio, Albini tivo un estudio no soto doutra residencia persoal. O músico Robbie Fulks lembra a molestia de "subir dous tramos de escaleiras todo o tempo dende a sala de gravacón" ata onde estaba Albini.[9]

Notas editar

  1. "Steve Albini Songs, Albums, Reviews, Bio & More". AllMusic (en inglés). Consultado o 2023-04-22. 
  2. Jannot, Mark. "From 1994: Steve Albini and the Life of the Iconoclast". Chicago Magazine (en inglés). Consultado o 2023-04-22. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 "Live in Chicago: Steve Albini". Maximum Fun (en inglés). 2007-12-07. Consultado o 2023-04-22. 
  4. American men & women of science : a biographical directory of today's leaders in physical, biological, and related sciences (26th ed ed.). Detroit, Mich.: Gale. 2009. p. 71. ISBN 978-1-4144-5726-0. OCLC 427500867. 
  5. "Looking for a Thrill : An Anthology of Inspiration". www.thrilljockey.com. Consultado o 2023-04-23. 
  6. "A Very Selfish Enterprise: The Strange World Of... Shellac". The Quietus (en inglés). Consultado o 2023-04-23. 
  7. 7,0 7,1 7,2 7,3 7,4 "Big Black". Touch and Go/Quarterstick Records. Consultado o 2023-04-24. 
  8. "Nirvana Producer Steve Albini Tells Us How He Really Feels About NYC". Gothamist (en inglés). 2011-09-28. Consultado o 2023-04-24. 
  9. 9,0 9,1 9,2 9,3 Margasak, Peter (2014-01-06). "Artist on Artist: Robbie Fulks talks to Steve Albini". Chicago Reader (en inglés). Consultado o 2023-04-24. 
  10. "Big Black: Matter #1 feature". www.dementlieu.com. Consultado o 2023-04-24. 
  11. "Big Black: Sound of Impact". www.dementlieu.com. Consultado o 2023-04-24. 
  12. "Ep150: Steve Albini (Shellac, Big Black, Rapeman)". radioneutron.com. Conan Neutron's Protonic Reversal.
  13. "Shellac". Discogs (en castelán). Consultado o 2023-04-24. 
  14. The Penguin book of rock & roll writing. London: Viking. 1992. ISBN 978-0-670-84559-0. OCLC 27641733. 
  15. Herman, Maureen (2014-05-13). "Who Cares What Steve Albini Thinks? You Probably Do.". Boing Boing (en inglés). Consultado o 2023-04-24. 
  16. 16,0 16,1 16,2 "Steve Albini". www.soundonsound.com. Consultado o 2023-04-25. 
  17. "The Steve Albini Interview". Free Press Houston (en inglés). 2018-04-20. Consultado o 2023-04-24. 
  18. "Steve Albini - Credits". AllMusic (en inglés). Consultado o 2023-04-24. 
  19. Azerrad, Michael (2001). Our band could be your life : scenes from the American rock underground 1981-1991 (1st ed ed.). Boston: Little, Brown. ISBN 978-0-316-06379-1. OCLC 45804603. 
  20. 20,0 20,1 "Steve Albini: Nirvana, Pixies, Stooges, PJ Harvey". tapeop.com (en inglés). Consultado o 2023-04-30.