Stellenbosch é unha cidade, capital do concello de Stellenbosch na provincia do Cabo Occidental, en Suráfrica. Constitúe o segundo asentamento europeo máis antigo logo da Cidade do Cabo.

Modelo:Xeografía políticaStellenbosch
Imaxe

Nomeado en referencia aSimon van der Stel (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Localización
Mapa
 33°56′12″S 18°51′41″L / -33.9367, 18.8614Coordenadas: 33°56′12″S 18°51′41″L / -33.9367, 18.8614
EstadoSuráfrica
Província da África (pt) TraducirCabo Occidental
Distritos municipais da África (pt) TraducirCape Winelands District Municipality (en) Traducir
Municípios locais da África (pt) TraducirStellenbosch Local Municipality (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Capital de
Xeografía
Parte de
Superficie8,24 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude136 m Editar o valor em Wikidata
Creación1679 Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal7600 e 7599 Editar o valor em Wikidata
Prefixo telefónico021 Editar o valor em Wikidata

Páxina webstellenbosch.org.za Editar o valor em Wikidata
Igrexa anglicana de Santa María

Historia editar

 
Casa típica de estilo holandés de Stellenbosch

O asentamento fundouse en 1679 por orde do gobernador do Cabo, Simon van der Stel de onde lle ven o nome, nas beiras do río Eerste, o asentamento medrou, en 1682 contaba coas súas propias autoridades locais e en 1685 converteuse na sede dun maxistrado con xurisdición sobre 25.000 km². Na vila asentouse un grupo de hugonotes franceses que foron claves no desenvolvemento da viticultura, converténdose Stellenbosch no centro da industria vitivinícola surafricana.

Economía e poboación editar

En 1859 abriuse na cidade un seminario da igrexa reformada neerlandesa, e un centro de secundaria, het Stellenbossche Gymnasium, en 1866. En 1918 fundouse a Universidade de Stelllenbosch. A cidade é a sede da Universidade de Stellenbosch

Durante a Segunda Guerra Bóer, Stellenbosch foi unha das bases británicas. No sur da cidade construíuse o Technopark Stellenbosch, un polígono tecnolóxico que atraeu a numerosas empresas.

A cidade conta con 90.000 habitantes (2000). A maioría da poboación é de lingua afrikaans, o inglés e o xosa son as outras linguas que máis se poden escoitar na cidade. Dende o punto de vista étnico a maioría da poboación está formada polo que no censo surafricano se coñece como colorados, persoas mestizas de orixe europea, africana e asiática.