Stanley Johnson

baloncestista estadounidense

Stanley Herbert Johnson Jr., nado o 29 de maio de 1996 en Anaheim, California, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense.

Stanley Johnson
Axente libre
Posición Ala
Información persoal
Nacemento 29 de maio de 1996 (27 anos)
California Anaheim, California
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 2,01 m (6 ft 7 in)
Peso oficial 111 kg (245 lb)
Información da carreira
Instituto Mater Dei (Santa Ana, California)
Universidade Arizona (2014–2015)
NBA Draft 2015 / Rolda: 1 / Elección: 8
Por Detroit Pistons
Carreira desde 2015
Historial de equipos
Detroit Pistons (2015–2019)
Grand Rapids Drive (2016)
New Orleans Pelicans (2019)
Toronto Raptors (2019–2021)
Raptors 905 (2020)
South Bay Lakers (2021)
Los Angeles Lakers (2021–2022)

Traxectoria profesional editar

O 25 de xuño de 2015, Johnson foi seleccionado na 8ª posición do Draft da NBA de 2015 polos Detroit Pistons.[1] Tras disputar a Liga de Verán cos Pistons, asinou o seu contrato de rookie.[2] O 27 de outubro de 2015, fixo o seu debut cos Pistons, facendo 7 puntos, 4 rebotes e 3 asistencias na vitoria por 106-94 contra os Atlanta Hawks.[3]

O 7 de febreiro de 2019, Johnson foi traspasado xunto a Jason Smith e catro futuras eleccións da segunda rolda do Draft ós New Orleans Pelicans nun traspaso entre tres equipos que tamén mandou a Thon Maker ós Detroit Pistons, e a Nikola Mirotić ós Milwaukee Bucks.[4]

O 11 de xullo de 2019, Johnson asinou cos Toronto Raptors.[5]

O 8 de setembro de 2021, Johnson asinou cos Chicago Bulls.[6] Foi cortado o 16 de outubro de 2021 polos Bulls.[7]

Notas editar

  1. "Stan takes Stanley: Johnson a big part of Pistons puzzle at small forward". NBA.com. 26 de xuño de 2015. Consultado o 26 de xuño de 2015. 
  2. "Detroit Pistons Sign First-Round Pick Stanley Johnson". NBA.com. 22 de xullo de 2015. Consultado o 22 de xullo de 2015. 
  3. "Pistons surprise Hawks on opening night, winning 106-94". NBA.com. 27 de outubro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 28 de outubro de 2015. Consultado o 27 de outubro de 2015. 
  4. Bucks land sharpshooter Mirotic from Pelicans
  5. "Raptors Sign Stanley Johnson". NBA.com. 11 de xullo de 2019. Consultado o 11 de xullo de 2019. 
  6. "Bulls sign Free Agents". NBA.com. 8 de setembro de 2021. Consultado o 8 de setembro de 2021. 
  7. @. "Transactions: We have waived forwards Stanley Johnson and Troy Baxter Jr." (Chío) – vía Twitter. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar