Stanisława Walasiewicz

Stanisława Walasiewicz, nada en Wierzchownia o 3 de abril de 1911 e finada en Cleveland o 4 de decembro de 1980, tamén coñecida como Stefania Walasiewicz,[1] e Stella Walsh,[2] foi unha atleta polaca-estadounidense, campioa olímpica dos 100 metros. Nada en Polonia e criada nos Estados Unidos, converteuse en cidadá estadounidense en 1947. Trala súa morte, descubriuse que tiña cromosoma Y e era intersexual.[3]

Infotaula de personaStanisława Walasiewicz

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(en) Stella Walsh Olson Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(pl) Stanisława Walasiewiczówna Editar o valor em Wikidata
13 de abril de 1911 Editar o valor em Wikidata
Wierzchownia, Kuyavian-Pomeranian Voivodeship, Polonia (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte4 de decembro de 1980 Editar o valor em Wikidata (69 anos)
Cleveland, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Causa da morteRoubo Editar o valor em Wikidata (Ferida por arma de fogo Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaCalvary Cemetery (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesStella Walsh Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEstados Unidos de América (1947–)
Polonia Editar o valor em Wikidata
Altura174 cm Editar o valor em Wikidata
Peso60 kg Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónvelocista , atleta Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1928 Editar o valor em Wikidata - 1946 Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua polaca Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaPolonia
Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Deporteatletismo Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo Competición
- "Falcon" Polish Gymnastic Society (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Participou en
1936Xogos Olímpicos de 1936
1932Xogos Olímpicos de 1932 Editar o valor em Wikidata
Premios

IAAF: 14557987 Olympic.org: stanislawa-walasiewicz Find a Grave: 4424 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Primeiros anos editar

Walasiewicz naceu o 3 de abril de 1911 en Wierzchownia (actualmente no condado de Brodnica), reino do Congreso.[4] A súa familia emigrou aos Estados Unidos cando ela tiña tres meses de idade. Os seus pais, Julian e Veronika Walasiewicz, establecéronse en Cleveland, Ohio, onde o seu pai atopou traballo nunha planta siderúrxica.[5] A súa familia chamábaa Stasia, diminutivo común en Polonia, que posteriormente deu lugar á versión estadounidense do seu nome, Stella.[5]

Carreira editar

Walasiewicz comezou a súa carreira atlética no South High School, instituto situado no barrio histórico eslavo da parte oriental de Cleveland. En 1927, conseguiu unha praza no equipo olímpico estadounidense indicado no xornal Cleveland Press. Porén, Walasiewicz non era cidadá estadounidense e non podía obter a nacionalidade con menos de vinte e un anos, así que non puido competir.[5] O éxito de Halina Konopacka, atleta polaca que gañou o ouro en lanzamento de disco nos Xogos Olímpicos de 1928, inspirou a Walasiewicz a unirse á rama local de Sokół, organización deportiva e patriótica polaca activa na diáspora polaca. Durante a reunión paneslava do movemento Sokół en Poznań, tivo as súas primeiras vitorias internacionais, gañando cinco medallas de ouro nas carreiras de 60, 100, 200 e 400 metros lisos, ademais de no lanzamento de lonxitude.[5] Pedíronlle que quedase en Polonia e se unise ao equipo nacional, aínda que seguiu a competir en probas e xogos estadounidenses.

Walasiewicz continuou a competir como afeccionada, mentres traballaba como dependenta en Cleveland. No período previo aos Xogos Olímpicos de 1932, gañou o campionato nacional nas 100 iardas (1930), 220 iardas (1930–31) e salto de lonxitude (1930).[6] Pola súa actuación no campionato interestatal, a cidade de Cleveland regaloulle un coche.[5][7] Ofrecéronlle obter a nacionalidade estadounidense, mais dous días antes do xuramento cambiou de idea e adoptou a cidadanía polaca, ofrecida polo consulado polaco en Nova York.[5][8] En 1930, foi elixida a atleta polaca máis popular polos lectores de Przegląd Sportowy.[9]

Nos Xogos Olímpicos de 1932, Walasiewicz representou a Polonia. Nos 100 metros lisos, Walasiewicz igualou o récord do mundo de 11,9 segundos e gañou a medalla de ouro.[10] O mesmo día acabou sexta na proba de lanzamento de disco.[11] Cando volveu a Polonia converteuse inmediatamente nunha celebridade. Recibírona multitudes no porto de Gdynia, e uns días despois, recibiu a Cruz do Mérito de Ouro polos seus méritos. Foi elixida de novo a personalidade do deporte máis popular de Polonia, título que mantivo tres anos.[9]

Na primavera de 1933, Walasiewicz participou no campionato de Varsovia, onde obtivo nove medallas de ouro, incluídas en 80 metros valados, 4 × 200 metros remudas e salto de lonxitude.[12] O 17 de setembro de 1933, en Poznań, bateu dous récords nun día: 7,4 segundos nos 60 m e 11,8 segundos nos 100 m. O seu éxito olímpico proporcionoulle unha bolsa no Instituto de Educación Física de Varsovia, onde coñeceu algúns dos atletas polacos máis destacados da época, incluídos Jadwiga Wajs, Feliksa Schabińska, Maria Kwaśniewska e Janusz Kusociński.

Nos Xogos Olímpicos de 1936 en Berlín, Walasiewicz intentou defender o título dos 100 m, mais a estadounidense Helen Stephens bateuna por .02 segundos e Walasiewicz obtivo a prata.[13] Ironicamente, Stephens foi acusada de ser un varón e foi forzada a presentarse a unha inspección xenital para confirmar o seu xénero.[14]

Tralos xogos olímpicos, Walasiewicz mudouse aos Estados Unidos e volveu ao deporte afeccionado.[5] Durante e despois da segunda guerra mundial, gañou o campionato estadounidense dos 100 metros (1943, 1944 e 1948), os 200 metros (1939–40 e 1942–8), lanzamento de disco (1941–2) e salto de lonxitude (1938–46, 1948 e 1951).[6][7]

En 1947, aceptou a cidadanía estadounidense e en 1956 casou co delineante aeronáutico Harry Olson.[15] Aínda que o matrimonio non durou moito, continuou a empregar o nome de Stella Walsh Olson o resto da súa vida. Gañou o seu último título estadounidense en 1951, con corenta anos,[7] e foi incluída no U.S. Track and Field Hall of Fame en 1975.

Carreira posterior editar

Trala súa retirada continuou activa en moitas asociacións deportivas polacas nos Estados Unidos, onde organizou campionatos e axudou a atletas novos. Tamén estableceu vairos premios a deportistas polacos nos Estados Unidos. En 1974 foi incluída no National Polish-American Sports Hall of Fame. Stella Walsh foi concursante no episodio do 16 de xuño de 1954 no programa de radio You Bet Your Life, presentado por Groucho Marx.[16]

Falecemento e controversia editar

Walsh foi asasinada durante un atraco nun aparcadoiro en Cleveland, o 4 de decembro de 1980.[17][18] Estaba comprando cintas para unha cerimonia de benvida para uns xogadores de baloncesto polaco de visita.[19] Unha autopsia mostrou que non tiña útero, tiña unha uretra anormal e un pene infradesenvolvido e non funcional, aínda que algunhas fontes suxiren que tiña tamén características femininas.[20][21][22] A análise de cromosomas revelou que a maioría das súas célculas contiñan cromosomas normais X e Y, mais algunhas eran X0 (só con cromosoma X), resultando en disxenesia gonadal XY.[3]

A controversia sobre o seu sexo biolóxico continúa sen resolver, e a situación é complicada, con moitos documentos temperáns, mesmo o seu certificado de nacemento, que afirman que era mullar; o forense do condado de Cuyahoga, Samuel Gerber, afirmou que Walasiewicz era "social, cultural e legalmente" unha muller.[5][3] Hai tamén controversia sobre se deberían ser suprimidas as súas marcas.[23]

Legado editar

En Cleveland, en Broadway Avenue, hai un centro recreativo municipal bautizado como Stella Walsh. Está encostado ao Cleveland South High School. Está enterrada no cemiterio Calvary de Cleveland.[24]

O caso de Walasiewicz foi tratado no programa de BBC Radio 4 The Long View en abril de 2019, que falaba de xénero no deporte feminino.[25]

Notas editar

  1. "Stefania Walasiewicz". Encyclopædia Britannica. 
  2. Wallechinsky, David (2012). The Book of Olympic Lists. p. 19. ISBN 978-1845137731. 
  3. 3,0 3,1 3,2 "Ex-Olympian Stella Walsh legally a woman". Sarasota Journal. 12 de febreiro de 1981. Consultado o 21 de xullo de 2014. 
  4. Algunhas fontes citan tamén o 7 e o 11 de abril
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 5,6 5,7 Snochowska-Gonzales, Klaudia; Kuzia, Tomasz (14 de agosto de 2004). "Walasiewicz była kobietą" [Walasiewicz Was a Woman]. Gazeta Wyborcza (en polaco) 190. p. 8. Consultado o 31 de maio de 2006. 
  6. 6,0 6,1 USA Track & Field – USA Outdoor Track & Field Champions Arquivado 26 de decembro de 2021 en Wayback Machine.. Usatf.org. Consultado o 13 de xullo de 2015.
  7. 7,0 7,1 7,2 "USA Outdoor Track & Field Champions—Women's Long Jump". USA Track & Field. Arquivado dende o orixinal o 26 de decembro de 2021. Consultado o 13 de xullo de 2015. 
  8. No momento do nacemento de Walasiewicz, Polonia estaba partida, e ela era oficialmente cidadá do Imperio Ruso, a pesar de que este estado deixara de existir como resultado da guerra civil rusa.
  9. 9,0 9,1 "Plebiscyt PS". ozarow.maz.pl. Consultado o 13 de xullo de 2015. 
  10. "Women's 100 meter run finals". The San Bernardino County Sun. 3 de agosto de 1932. Consultado o 23 de agosto de 2016 – vía Newspapers.com. 
  11. Polish Olympic Committee (corporate author) (2005). "Los Angeles – 1932.08.02". Polski Portal Olimpijski PKOl. Polish Olympic Committee. Arquivado dende o orixinal o 03 de febreiro de 2006. Consultado o 1 de xuño de 2006. 
  12. Bazylow, Krzysztof (25 de outubro de 2004). "1933 – STANISŁAWA WALASIEWICZ". sports.pl (en polaco). Arquivado dende o orixinal o 30 de setembro de 2007. Consultado o 1 de xuño de 2006. 
  13. Cameron, Stuart (5 de agosto de 1936). "Bettered Olympic mark in broad jump; America leads by forty-five points now". Times Herald. Nova York. Consultado o 23 de agosto de 2016 – vía Newspapers.com. 
  14. "Helen Stephens is real girl". Harrisburg Telegraph. 6 de agosto de 1936. Consultado o 23 de agosto de 2016 – vía Newspapers.com. 
  15. Rider (Pennsylvania State University, Berks, USA), Toby C.; Teetzel (University of Manitoba, Canada), Sarah. "The Strange Tale of Stella Walsh’s Olympic Eligibility" (PDF). Amateur Athletic Foundation. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 25 de agosto de 2016. Consultado o 26 de decembro de 2020. 
  16. "You Bet Your Life 35 Eps : Free Download & Streaming". Archive.org. 16 de xuño de 1954. Consultado o 13 de xullo de 2015. 
  17. "Olympic track star Stella Walsh dies". Wilmington Morning Star. 6 de decembro de 1980. Consultado o 23 de agosto de 2016. 
  18. "Stella Walsh Slain; Olympic Track Star". New York Times. 6 de decembro de 1980. p. 20. 
  19. Mead Tricard, Louise (1 de xaneiro de 1996). American Women's Track and Field: A History, 1895 Through 1980. McFarland. p. 645. ISBN 978-0-7864-0219-9. 
  20. Tullis, Matt (27 de xuño de 2013). "Who was Stella Walsh?: The story of the intersex Olympian". SB Nation – vía Associated Press (corporate author). 
  21. "Coroner's report says Stella Walsh 'lived and died' a woman". United Press International. 23 de xaeniro de 1981. Consultado o 24 de maio de 2020. 
  22. Gorczyńska, Renata (15 November 2002). "Co ma wirus do płci" [What does the virus do to have sex]. Rzeczpospolita (en polaco) 266. Arquivado dende o orixinal o 24 de xullo de 2003. Consultado o 23 de agosto de 2016. 
  23. "Stella: Fontana woman recalls races vs. 'Polish Flyer'". The San Bernardino County Sun. 10 de febreiro de 1981. p. 39. Consultado o 23 de agosto de 2016 – vía Newspapers.com. 
  24. Vigil, Vicki Blum (2007). Cemeteries of Northeast Ohio: Stones, Symbols & Stories. Cleveland, Ohio: Gray & Company. ISBN 978-1-59851-025-6. 
  25. Presenter: Jonathan Freedland (30 de abril de 2019). "Gender in women's sport". The Long View. BBC. BBC Radio 4. Consultado o 2 de maio de 2019. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar