The World of Stainboy é unha serie de curtas en animación flash creadas por Tim Burton e animadas por Flinch Studio. A personaxe de Stainboy aparece por vez primeira en dous poemas do libro The Melancholy Death of Oyster Boy & Other Stories, tamén creado e ilustrado por Tim Burton. A serie é a primeira creación de Burton no xénero de superheroes dende Batman volve.

Nas curtas, Stainboy traballa para a policía de Burbank (California), e ó comezo de cada episodio ordénaselle investigar e deter outras personaxes. Moitas delas proceden tamén do libro Oyster Boy. Cada un dos episodios ten uns cinco minutos de duración.

Lista de episodios editar

  1. "The Girl Who Stares"
  2. "The Toxic Boy"
  3. "The Bowling Ball"
  4. "The Robot Boy"
  5. "The Match Girl"
  6. "Stainboy's Day Off"

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar