Coordenadas: 43°16′09″N 5°23′42″L / 43.269241, 5.394907

O Stade Vélodrome é un recinto deportivo da cidade de Marsella, inaugurado en 1937, con capacidade para acoller pouco mais de 67.000 seareiros, no que xoga os seus encontros como local o equipo de fútbol Olympique de Marsella da Ligue 1. O Stade Vélodrome ten a máxima consideración no sistema de clasificación da UEFA, pertencendo á categoría Élite ou 5 estrelas.

Stade Vélodrome
Stade Vélodrome
Datos
LocalizaciónMarsella, Francia
Construción
Inauguración1937
Renovación1971, 1983, 1998 e 2014
ArquitectoHenri Ploquin, Jean-Pierre Buffi (1998)
Estadio
SuperficieCéspede
Dimensións105x68
Capacidade67.054
PropietarioVille de Marseille
LocalíaOlympique de Marsella (Ligue 1)
Eventos

Eventos deportivos editar

Mundial de Fútbol 1938 editar

No Mundial de Fútbol Francia 1938 xogáronse no Vélodrome un encontro de oitavos de final e unha das semifinais.

Eurocopa de Fútbol 1960 editar

A Eurocopa de Fútbol Francia 1960 disputou unha das súas semifinais no Stade Vélodrome.

Eurocopa de Fútbol 1984 editar

Na Eurocopa de Fútbol Francia 1984 acolleu un encontro do Grupo B no que se enfrontaron España e Portugal (co resultado de 1-1), e unha das semifinais na que Francia venceu a Portugal por 3-2.

Mundial de Fútbol 1998 editar

No Mundial de Fútbol Francia 1998 o estadio tivo unha grande importancia, acollendo un total de 7 encontros, catro da fase de grupos, un de oitavos de final, outro de cuartos de final e unha das semifinais.

Copa do Mundo de Rugby 2007 editar

Na Copa do Mundo de Rugby 2007 o Stade Vélodrome acolleu 4 encontros da fase de grupos e 2 encontros de cuartos de final.

Eurocopa de Fútbol 2016 editar

O Stade Vélodrome foi elixido para acoller varios encontros da futura Eurocopa de Fútbol Francia 2016, polo cal será aumentado de capacidade nuns 10.000 asentos e será provisto dun novo tellado que cubrirá tódalas bancadas.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar