Stabat Mater (Dvořák)

O Stabat Mater de Antonín Dvořák é unha composición para solistas, coro e orquestra, estreada por vez primeira no 1877.

Composición editar

O primeiro borrador da obra foi realizado entre o 19 de febreiro e o 7 de maio do 1876. Porén a orquestración realizouse no outono do ano seguinte. Este parón puido deberse á morte no 1876, primeiro da súa filla Růžena, e unhas semanas despois do seu único fillo sobrevivente Otakar. A orquestración foi rematada a finais do ano 1877.

Estrea e recepción editar

A estrea realizouse o 13 de novembro de 1877 co gallo do aniversario da asociación de artistas musicais de Praga. A segunda representación foi en Brno o 2 de abril de 1882, dirixida polo amigo persoal Leoš Janáček. Porén a representación máis importante realizouse en Londres o 10 de marzo de 1883 no Royal Albert Hall cunha orquestra e coros moito máis numerosos. Este concerto foi de grande importancia para Dvořák xa que consolidou a súa sona no estranxeiro e ademais conseguiu importantes encargos como a Misa de Réquiem para o Festival de Birmingham do 1891.

Influencias editar

O Stabat Mater de Dvořák é o meirande de calquera compositor. A notación non parece seguir ningún modelo previo, aínda que mostra o carácter e influencias do compositor. Parte dos movementos mostran o influxo da ópera Italiana (especialmente de Verdi), coma por exemplo no uso da Viola. Noutros aspectos a composición mostra o coñecemento profundo do compositor das bases barrocas e dos seus principais creadores, coma Bach ou compositores checos do século XVIII predecesores de Dvořák. Así é frecuente que a música acade diversos clímax que son inmediatamente cortados, dando lugar a un certo sentido de traxedia épica.

Movementos editar

  • Stabat Mater dolorosa para cuartero e coro
  • Quis est homo, qui non fleret para cuarteto
  • Eja, Mater, Fons amoris para coro
  • Fac, ut ardeat cor meum para baixo solista e coro
  • Tui nati vulnerati para coro
  • Fac me vere tecum flere para tenor e coro
  • Virgo virginum praeclara para coro
  • Fac, ut portem Christi mortem para dúo de soprano e tenor
  • Inflammatus er accensus Alto solo
  • Quando corpus morietur para cuarteto e coro

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Libreto: Dvorak, Stabat Mater Staatskappelle Dresden e Giuseppe Sinopoli, 2001 Deutsche Grammophon GmbH

Outras ligazóns de interese editar