Sporting Club de Bastia

O Sporting Club Bastia é un club de fútbol francés da cidade de Bastia, en Alta Córsega (Córsega). Foi fundado en 1905 e actualmente compite na Ligue 1, logo de ascender na tempada 2011–12.

Bastia
NomeSporting Club de Bastia
Alcume(s)Les Bleus
Fundación1905
EstadioStade Armand Cesari,
Bastia, Francia
Inauguración1932
Capacidade16.480
PresidenteFrancia Pierre-Marie Geronimi
AdestradorFrancia Frédéric Hantz
LigaLigue 1
2013–1410º
Na rede
http://www.sc-bastia.com/
Facebook: scbastia Twitter: SCBastia Editar o valor em Wikidata
Titular
Alternativo

Historia editar

En 1905 fúndase o Sporting Club Bastia e ten como primeiro presidente a Emile Brandizi. En 1962 o club pasa a chamarse Sporting Etoile Club Bastia. En 1981 o equipo gaña o seu primeiro título, a Copa de Francia. En 1992 o club cámbiase o nome polo actual, Sporting Club de Bastia.

Uniforme editar

  • Uniforme titular: Camiseta, pantalón e medias azuis.
  • Uniforme alternativo: Camiseta branca, pantalón e medias grises.

Estadio editar

Artigo principal: Stade Armand Cesari.

O Bastia xoga os seus partidos no Stade Armand Cesari, inaugurado o 16 de outubro de 1932, con capacidade para 10.130 persoas.

Neste estadio produciuse un suceso tráxico. Ocorreu en 1992 cando se decidiu instalar unha tribuna provisional para un encontro da semifinal da Copa de Francia. A tribuna afundiuse ocasionando a morte de 18 persoas.

Datos do club editar

  • Tempadas en Ligue 1: 28
  • Tempadas en Ligue 2: 14
  • Maior goleada conseguida: SC Bastia 6 - 0 Troyes (tempada 77-78)
  • Maior goleada encaixada: Girondins de Bordeos 8 - 1 SC Bastia (tempada 68-69)
  • Mellor posto na liga: 6º (tempada 1968-69)
  • Peor posto na liga: 20º (tempada 1985-86)
  • Máximo goleador: Claude Papi, con 110 goles.
  • Máis partidos disputados: Charles Orlanducci, con 419 partidos disputados.

Xogadores editar

Cadro 2011/12 editar

Actualizado o 30 de Xaneiro de 2011.
Posto País Xogador
1 GK   Macedo Novaes
2 FW   Sadio Diallo
3 DF   Amiran Sanaia
4 MF   Jacques-Désiré Périatambée
5 DF   Pierre-François Sodini
6 MF   Gaël Angoula
7 FW   Ludovic Genest
8 FW   Toifilou Maoulida
9 FW   Yassin El-Azzouzi
10 MF   Wahbi Khazri
11 DF   François Marque
13 MF   Salim Moizini
Posto País Xogador
14 MF   Mathieu Robail
17 FW   Florian Thauvin
18 MF   Yannick Cahuzac
19 DF   Maka Mary
20 DF   Matthieu Sans
21 DF   Féthi Harek
22 MF   Jonathan Lacourt
23 FW   David Suarez
24 DF   Jérémy Choplin
25 MF   Jérôme Rothen
29 DF   Gilles Cioni
30 GK   Dominique Agostini

Palmarés editar

Torneos nacionais editar

Torneos internacionais editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar