Soviet das Nacionalidades

Cámara baixa do Soviet Supremo

O Soviet das Nacionalidades (en ruso: Совет Национальностей) era unha das dúas cámaras do Soviet Supremo da Unión Soviética, creado pola Constitución da Unión Soviética de 1936. Funcionou entre os anos 1938 e 1991. A diferenza do Sóviet da Unión, o Sóviet das Nacionalidades estaba composto polas distintas nacionalidades (repúblicas) da Unión Soviética.

Divisións administrativas da Unión Soviética no ano 1989.

O Sóviet das Nacionalidades gozou dos mesmos dereitos que o Sóviet da Unión, tanto na área das iniciativas lexislativas, coma na resolución doutras cuestións. Tiña autonomía para elixir o seu presidente, que dirixía as sesións da cámara, así coma aos seus catro vicepresidentes e ás comisións permanentes.

Composición e forma de elección editar

O Soviet das Nacionalidades estaba composto por 625 deputados, e os seus membros eran elixidos de forma universal, igualitaria, directa e secreta, de acordo cos principios da democracia socialista. Coa regra de igualdade de representación das diferentes nacionalidades soviéticas, o soviet estaba formado pola mesma cantidade de representantes de cada unha das Repúblicas da Unión Soviética:

  • 32 deputados por cada república (sen contar outras unidades autónomas que podían estar dentro da república, que enviaban membros de forma separada)
  • 11 deputados por cada república autónoma
  • 5 deputados por cada óblast autónomo
  • 1 deputado por cada distrito nacional

Presidentes do Soviet das Nacionalidades editar

Nome Período
Nikolái Shvérnik 1938 - 1946
Vasili Kuznetsov 1946 - 1950
Zhumabay Shayakhmetov 1950 - 1954
Vilis Lācis 1954 - 1958
Janis Peive 1958 - 1966
Justas Paleckis 1966 - 1970
Yadgar Sadikovna Nasriddinova 1970 - 1974
Vitalijs Rubenis 1974 - 1984
August Voss 1984 - 1989
Rafiq Nishonov 1989 - 1991

Véxase tamén editar