Soulfly é unha banda estadounidense de metal formada en Phoenix, Arizona en 1997. O grupo está liderado por Max Cavalera, antigo líder de Sepultura, que formou Soulfly tras deixar o conxunto brasileiro un ano antes. Ata a data leva publicados dez álbums de estudio, un EP, 23 sinxelos e un vídeo. O seu álbum de estrea, Soulfly, editouse o 21 de abril de 1998, mentres que o máis recente, Archangel, lanzouse o 14 de agosto de 2015.

Soulfly
Max Cavalera actuando con Soulfly
OrixePhoenix, Arizona,
Período1997-presente
Xénero(s)groove metal, thrash metal, death metal, nu metal
Selo(s) discográfico(s)Nuclear Blast, Roadrunner Records
MembrosMax Cavalera
Marc Rizzo
Zyon Cavalera
Mike Leon
Antigos membrosMarcelo "Cello" Dias
Roy Mayorga
Lúcio Maia
Logan Mader
Mikey Doling
Joe Nunez
Bobby Burns
David Kinkade
Tony Campos
Na rede
http://www.soulfly.com
IMDB: nm3092910 Facebook: SoulflyOfficial Twitter: TheSoulflyTribe Instagram: thesoulflytribe MySpace: soulfly Youtube: UCsnBzXuzzsrJKArgWtJxi2g Souncloud: soulfly-15 Spotify: 6159IBm5gLPwG4BcJXseXc iTunes: 15772893 Last fm: Soulfly Musicbrainz: 832a43c7-aa7d-439b-a6b4-4f1afa671c24 Songkick: 216340 Discogs: 40032 Allmusic: mn0000050493 Deezer: 537 Genius: Soulfly Editar o valor em Wikidata

Soulfly incorpora moitos estilos de metal con música tribal brasileira e world music. Os seus primeiros seis álbums estreáronse nos Estados Unidos na lista Billboard 200, sendo a posición máis alta o número 32 conseguido polo seu segundo traballo, Primitive.[1] En novembro de 2005 Soulfly foi certificado ouro pola RIAA.[2] A banda pasou por diferentes cambios na súa formación, sendo Cavalera sendo o único membro constante. Nunha entrevista no ano 2015 Max revelou que o nome do grupo foi collido da canción "Headup" de Deftones, na cal colaborou.

Discografía editar

Álbum Ano Selo
Soulfly 1998 Roadrunner Records
Primitive 2000
3 2002
Prophecy 2004
Dark Ages 2005
Conquer 2008
Omen 2010
Enslaved 2012
Savages 2013 Nuclear Blast
Archangel 2015
Ritual 2018
Totem 2022

Notas editar

  1. "The week of October 14, 2000". Billboard. Consultado o 27 de setembro de 2018. 
  2. "Sepultura's 'Roots', Soulfly's Debut Certified Gold". Blabbermouth. Consultado o 27 de setembro de 2018. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar